Consideracións iniciais

Preparación da unidade: Prepararnos é fundamental para crear un bo clima de convivencia na aula. Con isto referímonos a mostrar tanto coñecementos técnicos, como unha boa competencia a nivel persoal (emocional) e social.

Coñecementos técnicos:
Estilos de comportamento, erros e fallos na comunicación, rumores, ferramentas de escoita activa para promover un estilo de comportamento asertivo… son conceptos e dinámicas relacionadas coa competencia social que debemos dominar.

Competencia a nivel persoal (emocional) e social: A nivel persoal, debemos poñer en práctica as ferramentas para a escoita activa e un estilo de comportamento asertivo co alumnado, para deste xeito promover unha aprendizaxe adecuada por modelado.

Introdución

Relacionarse cos demais é unha arte que require de moita práctica. A nosa especie diferénciase das demais precisamente neste aspecto, nós somos seres sociais. A sociedade, as súas normas, os seus códigos de relación, a súa cultura… forman parte inseparable de nosa propia personalidade.

A maioría dos nosos estereotipos, por non dicir todos, proveñen da cultura na que estamos inmersos, tanto a nivel familiar, como escolar, da nosa comunidade, relixión… Establecer códigos e ensinar formas de ser competentes a nivel social é unha tarefa pendente do noso sistema educativo. Se entendemos a escola como unha microsociedade, podemos chegar a comprender por que é tan necesario promover un clima de respecto e de valor polas diferenzas para chegar a ser competentes a nivel social.

Os estereotipos (por calquera razón), son formas de simplificar a inmensa realidade que nos rodea. Hoxe en día son unha das maiores fontes de conflito, tanto nos centros educativos, como na sociedade en xeral. Resulta moi enriquecedor para o alumnado ofrecerlles oportunidades para entender aos demais e para decatarse de que as diferenzas non supoñen ningún tipo de ameaza se se mostra respecto cara ás opinións dos demais e, sobre todo, para decatarse de que as semellanzas son moitas máis e máis persoais e profundas que as diferenzas que marcan os estereotipos, de índole máis superficial.

Esta unidade de titoría asenta sobre as anteriores. Xa temos as nosas normas na aula, unha persoa representante do grupo que é competente a nivel social, aprendemos como xestionar as nosas emocións e comezamos ver que poñéndonos no lugar da outra persoa podemos chegar a entender mellor as súas palabras e accións. É o momento de aprender a ser nós, sen disfraces, en situacións de relación social.

Esta unidade de titoría pode ser clave para a convivencia do centro, para completar as políticas “anti” con políticas “en prol da convivencia”. Desde o punto de vista da Psicoloxía Positiva, os castigos por si solos, non ensinan nada, se non se acompañan dunha aprendizaxe. Co castigo dicimos claramente o que NON se pode facer, pero non dicimos o que SI se espera que fagan. Os castigos son necesarios, por suposto. A aplicación das normas de organización, funcionamento e convivencia do centro e dos protocolos incluídos no Plan de Convivencia debe ser innegociable e son a base sobre a que asentar a convivencia. É na medida en que sexamos capaces de, paralelamente, formar o alumnado en convivencia positiva o que provocará a progresiva baixada dos comportamentos para sancionar. É necesario traballar de forma preventiva, dotando o alumnado de ferramentas diferentes ás que xa aprenderon e favorecendo espazos para a súa práctica e aprendizaxe.

Obxectivos

  • Crear un clima de convivencia pacífico, xusto e cohesionado.
  • Dotar ao alumnado de ferramentas para ser competentes a nivel social.
  • Promover o respecto e o valor ás diferenzas.
  • Promover o pensamento reflexivo, crítico e creativo no alumnado.
  • Adquirir capacidade de diálogo para unha comunicación aberta e efectiva.

Contidos

  • Crear un clima de convivencia pacífico, xusto e cohesionado.
  • Dotar ao alumnado de ferramentas para ser competentes a nivel social.
  • Promover o respecto e o valor ás diferenzas.
  • Promover o pensamento reflexivo, crítico e creativo no alumnado.
  • Adquirir capacidade de diálogo para unha comunicación aberta e efectiva.

Metodoloxía

A metodoloxía será activa e participativa, con dinámicas grupais, por equipos e de lapis e papel.

Temporalización

Esta unidade desenvólvese durante 4 sesións de 50 min. de duración e con frecuencia semanal.

Indicadores de avaliación

Para avaliar o proceso, na plantilla para que deseñedes as vosas sesións dispoñedes dun apartado, que podedes completar con anotacións sobre o transcurso de cada unha das sesións e informacións que vos achegue o resto do profesorado.
Para a avaliación dos resultados, dispoñedes na última das sesións do Cuestionario de avaliación que cubrirá o alumnado e podedes seguir recollendo información, tanto dos demais profesores como da Xefatura de Estudos sobre o número de partes abertos, a gravidade dos mesmos e as sancións impostas.

    A comunicación. Erros e fallos.

    Como en todas as unidades de titoría, propoñemos que a mellor forma de empezar é descargando e imprimindo a plantilla de deseño de sesións. Nela poderedes ir anotando aqueles contidos que mellor se adapten ao voso grupo de alumnos/as e ás súas potencialidades e necesidades.

    Colocamos a aula en forma de “U” (5 min).

    Presentamos a unidade: Xa creamos unhas normas de clase, elixido a un delegado, aprendido a recoñecer as nosas emocións, as dos demais e comezamos a aprendizaxe na súa xestión. É o momento agora de poñer en práctica todo o aprendido. Hoxe veremos a comunicación, os erros que se producen e empezaremos a pensar de que forma podemos minimizalos. A próxima sesión trataremos as distintas formas que temos de comportarnos e xa na derradeira sesión practicaremos para ser persoas competentes a nivel social, capaces de defender os nosos dereitos e á vez coidando respectar os dereitos e sentimentos dos demais (5 min).

    Eliximos unha das dinámicas para traballar os erros e fallos que sempre se producen en todo acto comunicativo. Para iso, no apartado de accesos desta sesión podedes acceder ás dinámicas para traballar a competencia social, especificamente son dúas as pensadas para esta sesión: “O teléfono” ou “O rumor” (15-20 min).

    A partir do que reflexionaron acerca da dinámica, facemos unha posta en común en gran grupo de diferentes situacións que viviron e que puideron ser causadas por erros na comunicación (10-15 min).

    • É culpable a persoa que che conta algo se pensa que é certo?
    • Algunha vez anoxástesvos pensando que alguén vos estaba mentindo?
    • Credes que puido ser provocado polo efecto bóla de neve que se produce cando unha información cae na fala da xente?
    • ¿Que pensades que poderiades facer para corrixir estes posibles erros?

    Accesos:

    Crear disposición en forma de “U”

    Dinámicas para traballar a competencia social

    Descargas:

    Plantilla para o deseño de sesións

    Os estilos de comportamento.

    Non vos esquezades de descargar e imprimir a “Plantilla para o deseño de sesións” para, nela, ir escollendo os recursos que vos parezan máis adaptados ao voso grupo.

    Crear a estrutura de clase para a sesión de titoría (5 min)

    Repaso da sesión anterior: Preguntámoslles que lembran da anterior sesión, na que traballamos a comunicación e os erros que se producen se non facemos nada por evitalos. (5 min)

    Presentamos a sesión de hoxe: Para comzar ser competentes nas nosas relacións cos demais, o primeiro é decatarnos do estilo de comportamento que estamos a usar. Son tres as formas de comportarnos que utilizamos dependendo da situación: podemos comportarnos de forma pasiva, de forma agresiva ou de forma asertiva. É importante dicir que non é que “sexamos” de tal maneira, senón que nos comportamos así. Calquera de nós podemos, dependendo do momento e da situación, comportarnos según un estilo ou outro. O que en maior medida nos convén para o noso propio benestar e para o benestar dos demais é comportarnos na meirande parte das situacións e momentos de forma asertiva (5 min).

    Entregámoslles a cada un a ficha de “Estilos de comportamento. Teoría” e comentamos os diferentes tipos en gran grupo (10 min).

    • Entenden a diferenza entre “ser” e “comportarse”?
    • Aceptan que, aínda que teñan un estilo predominante, ás veces adoptan outro?

    Entregámoslles individualmente a ficha “Estilos de comportamento. Práctica”. Cóbrena (10 min).

    Escollemos unha das dinámicas para a formación de equipos e poñémola en práctica (5 min).

    En equipos, escollen entre as respostas dos seus compoñentes, aquela que lles estrañou máis e póñena en común.

    • Somos ou nos comportamos? (10 min).

    Volvemos deixar a aula como estaba antes da sesión de titoría (5 min).

     

    Accesos:

    Descargas:

    Como dar e recibir queixas e opinións positivas.

    Colocación do mobiliario na aula (5 min).

    Repaso da sesión anterior. Que lembran? deben lembrar os 3 estilos de comportamento. Se na sesión anterior non deu tempo a que todos os equipos expuxesen as situacións nas que se comportaron dun determinado modo, déixaselles tempo para que poidan facelo (5-10 min).

    Presentación da sesión (10 min): Vimos os estilos de comportamento e na anterior unidade traballamos a importancia de recoñecer e xestionar as nosas emocións.

    • Para que pensan que lles pode servir?
    • Entenden a relación entre aprender a xestionar as nosas emocións e ter a maior parte do tempo un estilo de comportamento asertivo?

    Nesta sesión darémoslles unha serie de pautas para transmitir e recibir queixas, peticións e opinións agradables aos demais.

    Dinámica grupal: Podemos escoller unha das dinámicas de competencia social ou, no caso de que o grupo precise desenvolver a súa empatía, unha dinámica de traballo emocional (neste caso podería ser a dinámica de “Os taxis” ou “Quen é quen”.

    Repartimos a ficha “Queixas e opinións agradables. Teoría” e explicamos as pautas que nela se expoñen, mediante exemplos, que pode enunciar o titor/a ou pedir voluntarios para facelo (5 min).

    Repartimos a Ficha para traballar a asertividade de forma individual (10 minutos).

    Posta en común en gran grupo, corriximos a ficha e recollemos as súas reflexións (10 min).

    Colócase de novo o mobiliario na aula (5 minutos).

     

    Accesos:

    Descargas:

    Práctica en asertividade.

    Colocación do mobiliario na aula (5 min).

    Repaso da sesión anterior: Repaso da sesión anterior: Pregúntaselles que lembran da sesión anterior, na que traballamos as pautas para ter un comportamento asertivo (5 min).

    Presentación da sesión: Esta vai ser unha sesión na que traballaremos por equipos, practicando a asertividad en distintas situacións. Para iso van ter que poñer en práctica a técnica de role-playing , cuxo desenvolvemento atoparédelo nas dinámicas para a competencia social (5min).

    Dinámica de formación de equipos de traballo. Formamos 5 equipos de traballo (5 min).

    Entregámoslle a cada un unha das fichas “Queixas e opinións agradables. Práctica”. Cada equipo practica elaborando un texto asertivo no primeiro caso e preparando un guión para escenificar un role-playing no segundo. Para iso, deben decidir que integrantes do equipo van ser os actores/actrices (15 min).

    Posta en escena e en común en gran grupo: Cada grupo escenifica as situacións e coméntanse en gran grupo, seguindo as pautas vistas de como expresar críticas e opinións agradables (15 min).

    Colócase de novo o mobiliario da aula (5 min).

    Entrégaselles o Cuestionario de avaliación desta unidade de titoría. Se non dá tempo para que o enchan, poden levalo para a casa e traelo cuberto na seguinte sesión ou podemos reservar os 5 primeiros minutos da próxima sesión para que o cumprimenten.

     

    Accesos:

    Descargas:

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies