Dinámicas para traballar a competencia social

Dinámicas para pór en práctica e comprender os erros na comunicación, en que consiste o estilo de comportamento asertivo e apoiar o desenvolvemento da empatía. Inclúense tamén as dinámicas para traballar a resolución pacífica de conflitos.

«Escolla de Dinámicas para traballar a competencia social»

Dinámica para ver como os erros na comunicación poden ser as causas de conflito máis habituais e para provocar a necesidade de aprender un estilo comunicativo que minimice estes erros.
En gran grupo
10 min
Competencia social

Cos mesmos obxectivos cá anterior, neste caso o alumnado é espectador dos cambios que se producen na mensaxe durante o “boca a boca”.
En gran grupo
15 min
Competencia social

Dinámica consistente en escenificacións de diferentes situacións dadas co obxectivo de poñer en práctica un estilo de comportamento asertivo e aprender técnicas de escoita activa para a resolución de conflitos.
En gran grupo
15 min
Competencia social, resolución de conflitos, mediación...

Dinámica moi potente para rematar a unidade de competencia social. Promove un clima de convivencia positivo no grupo e fomenta a autoestima do alumnado.
En equipos
15 min
Educación emocional

Dinámica para promover o pensamento creativo para a resolución de conflitos.
En gran grupo
10 min
Resolución de conflitos, mediación

Dinámica para comprender a importancia da recollida de información de tódalas partes á hora de querer axudar ou de ser parte nun conflito.
En equipos
15 min
Educación emocional

Dinámica para experimentar e así aprender de forma moito máis significativa os tipos de afrontamento ante os conflitos. Aconséllase usar con anterioridade á exposición dos tipos de afrontamento.
En equipos
15 min
Educación emocional

Como a anterior, trátase dunha dinámica moi potente para comprender os tipos de afrontamento ós conflitos. Engade ademais a importancia da comunicación para resolvelos de forma pacífica.