Unidades para desenvolver nas sesións de titoría

Creando un marco.

Quen me representa?

Primeira das unidades de titoría. Ten como obxectivos establecer as normas da aula e establecer un procedemento para promover que a elección da persoa representante da clase (delegada) estableza dinámicas de liderado positivo na aula.

6-7 sesións

Xestión emocional

Base das seguintes unidades do PAT relacionadas coa competencia social e a resolución pacífica dos conflitos.

Nesta unidade o alumnado aprenderá recoñecer e xestionar as súas emocións e as das demais persoas.

5 sesións

Competencia social

Unidade de titoría na que o alumnado aprenderá manter a meirande parte do tempo un estilo de comportamento asertivo, co cal serán quen de defender os seus dereitos respectando os dos demais, así como a dar e recibir queixas e opinións positivas.

4 sesións

Xestión emocional

Resolución pacífica de conflitos

Unidade para comprender que os conflitos non son malos de seu e que é a forma de afrontalos o que en maior medida os converte nun problema ou nunha oportunidade para aprender.

3 sesións

Xestión emocional e competencia social

Igualdade

Unidade coa que se promoverá o desenvolvemento do pensamento crítico do alumnado referido ó machismo e a reflexión sobre a necesidade de convivir nun mundo igualitario, feminista.

5 sesións

Aprender a Aprender

Unidade que ten como obxectivo o de apoiar ó alumnado da súa intelixencia executiva e das súas estratexias metacognitivas.

5 sesións

Orientación académica e vocacional

Con esta unidade de titoría búscase o autocoñecemento e o incremento da autoestima do alumnado, así como a súa aprendizaxe na busca activa de información relevante para a súa orientación e o seu descubrimento vocacional.

5 sesións

Prevención de condutas de risco

Nesta unidade de titoría trátanse temas de adiccións (con e sen substancias) e de prevención da violencia de xénero. Trátase de que o alumnado comprenda e valore a importancia de saber medir as consecuencias das súas decisións tanto a medio como a longo.

6 sesións

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies