Familias
desenvolvendo a disciplina positiva
Nesta sección poremos en práctica un estilo educativo que promova a autonomía e o desenvolvemento seguro das mozas e mozos, ofrecendo unha serie de recursos con base na neuropsicoloxía e na disciplina positiva.
Participación na escola
Nesta páxina poderedes atopar asesoramento para promover o desenvolvemento óptimo nun ambiente seguro e protector mentres levades a cabo o seguimento dende a casa do feito na escola.
Prevención de riscos
Poderedes atopar respostas para prevenir comportamentos de risco, tanto os que teñen un compoñente adictivo (con ou sen substancias) como os que teñen un compoñente sexual (de risco para si mesmo/a ou para os demais) ou de acoso entre iguais.
Normas e límites
Preséntanse nesta páxina resumos dunha serie de técnicas educativas de disciplina positiva para establecer normas e límites. Ten como base o programa EDUCA (Díaz-Sibaja, M.A. e outras, Pirámide editorial).