Dinámicas en A trote
Nesta sección da páxina web poderedes acceder a unha escolla de dinámicas para traballar nas sesións das unidades de titoría ou convivencia.
Importante!
As dinámicas por equipos ou en gran grupo teñen un gran compoñente lúdico e experiencial, pero non debemos equiparalas ós xogos. Unha dinámica debe ser escollida para promover con ela unha aprendizaxe específica e SEMPRE debe ir acompañada dun traballo de reflexión.
Dinámicas de presentación
Dinámicas para promover un coñecemento máis profundo entre as persoas que integran un grupo e para activar os coñecementos previos no comezo das unidades de titoría.
Dinámicas para traballar a xestión emocional
Para mellorar a intelixencia emocional do noso alumnado.
Dinámicas para traballar a competencia social
Para a práctica dun estilo de comportamento asertivo e da empatía.
Dinámicas para traballar a Igualdade
Conceptos e dinámicas feministas.
Dinámicas para aprender a aprender
Estratexias para desenvolver a intelixencia executiva e as habilidades metacognitivas.