Axenda orientadora para 4º da ESO.

15,00 IVE inc.

As axendas orientadoras «A trote» para 4º da ESO ofrecen a información necesaria para o axuste da ansiedade propia do cambio entre ensinanzas obrigatorias e postobrigatorias, así como oportunidades para o autocoñecemento e para a toma de decisións.

Son axendas, pero non son solo iso.

Está dispoñible

Categoría:

Descripción

Xa comeza o derradeiro curso das ensinanzas obrigatorias…

Todo cambia cando rematas 4º da ESO, quedan varios camiños abertos: o bacharelato, a formación profesional, as ensinanzas de réxime especial, a profesionalización mediante probas, a entrada ó mundo laboral… Sexa cal sexa o camiño escollido, o realmente importante é que esta decisión sea tomada de forma consciente e reflexiva, por convicción propia e sen a comodidade que da facer o que as demáis persoas esperan de ti.

Con estes cadernos, seguimos o camiño do desenvolvemento da competencia de aprender a aprender, que aporta a sensación de protagonismo na aprendizaxe, fomenta o desenvolvemento da intelixencia executiva e promove un desenvolvemento seguro e responsable. Continuamos reflexionando sobre cada materia, levando a cabo compromisos diarios para acadar os obxectivos marcados na planificación, seguindo o traballo e avaliando os resultados avaliación por avaliación.

Pero a axenda de 4º curso da ESO non pode quedar aquí… debe promover de forma moito máis específica o autocoñecemento nos mozos e mozas, Para iso conta con actividades específicas para coñecer as súas expectativas, a súa competencia social para o traballo, a súa personalidade, as aptitudes que todos/as teñen, os seus intereses… Todo lles levará a uns resultados finais que lles orientarán mellor sobre os camiños a coller unha vez rematen a ESO.

Isto segue sen ser todo… Coñecerse a sí mesmo/a e un paso imprescindible para a toma de decisións, pero ter información é tamén indispensable. Nestas axendas poderán consultar toda a oferta que teñen unha vez rematada a ESO no sistema educativo galego, as notas de corte de cursos anteriores nos ciclos medios da formación profesional, os bacharelatos que son preferentes para poderen acceder a ciclos superiores unha vez os rematen ou aos estudos universitarios que lles interesen.

Toda a axenda está preparada para orientar na toma de decisións.

Información adicional

Peso 0.35 kg
Encadernación

Espiral met?lica color negro

Tama?o

A5 (210×148 mm)

Hojas interiores

offset 90gr

Portada

350 gr/m2 con p?tina brillante

Impresi?n

A color doble cara

Obxectivos

Para o alumnado:

  • Promover a súa autonomía.
  • Facilitar o autocoñecemento.
  • Acadar o sentemento de protagonismo no seu proceso de aprendizaxe.
  • Deixar que as emocións xoguen en prol da aprendizaxe.
  • Desenvolver a súa intelixencia emocional e executiva.
  • Facilitar procesos de planificación, seguimento e avaliación do seu propio traballo.
  • Promover a competencia de aprender a aprender na práctica.
  • Traballar o estilo atribucional e o axuste nas expectativas.
  • Prevenir comportamentos de risco.
  • Coñecer onde lles levan as súas expectativas, os seus intereses, a súa personalidade, a súa forma de interaccionar co mundo…
  • Proporcionar información sobre toda a oferta dispoñible na nosa comunidade autónoma.

Para as familias:

  • Facilitar o seguimento dos seu fillos e fillas.
  • Facilitar o traballo en equipo co profesorado.
  • Establecer unha canle de comunicación eficaz.
  • Dar ferramentas para o apoio no logro de obxectivos.
  • Promover un estilo educacional construtivista e positivo.
  • Dar oportunidades para a participación na toma de decisións.

Para o centro educativo:

  • Promover un bo clima para a convivencia.
  • Facilitar a labor titorial.
  • Promover políticas de actuación preventivas.
  • Facilitar a comunicación coas familias.
  • Ofrecer unha ferramenta para a detección de posibles dificultades de aprendizaxe.
  • Favorecer a organización e xestión da aula e do centro, así como a compilación dos datos necesarios para os distintos informes relacionados co seguimento titorial e a convivencia.
  • Dotar de presenza física ós contidos que de forma transversal, se desenvolven nos centros educativos.

Contidos da axenda

  • Información de inicio de curso.
  • Vistas mensuais.
  • Vistas semanais.
  • Planifica cadansúa materia cada trimestre.
  • Segue o traballo avaliación a avaliación.
  • Avalía os teus resultados cada avaliación e reflexiona sobre eles.
  • Aprende practicando a marcar os teus propios obxectivos.
  • Coñecete mellor.
    • Cales son as túas expectativas?
    • Como te comportas cos demáis?
    • Onde che leva a túa personalidade?
    • Cales son os teus intereses?
    • Que é o que se che da ben?
    • Cales son os resultados de toda esta reflexión?
    • Que opina a túa familia?
  • Coñece mellor o sistema educativo.
    • Información sobre os estudos de formación profesional en Galicia.
    • Información sobre o bacharelato.
    • Información sobre as ensinanzas de réxime especial.
  • Comunicados familia-escola.
  • Mapa do sistema educativo.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Axenda orientadora para 4º da ESO.”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies