Axenda orientadora para 2º da ESO

15,00 IVE inc.

As axendas orientadoras “A trote” para 2º da ESO, buscan dar un pasiño máis para a acadar unha autonomía responsable nas mozas e mozos, á vez que facilitar a acción titorial e a comunicación e o traballo cooperativo entre centro e familias.

Son axendas, pero non son solo iso.

Está dispoñible

Categoría:

Descrición

Imos avanzando na ESO…

Coas axendas A trote para 2º da ESO continuamos a orientación, tanto a nivel académico coma persoal e social. Trátanse temas coma a intelixencia executiva, cuxo desenvolvemento é crucial na etapa adolescente para acadar unha vida adulta plena, a intelixencia emocional coa que aprenderemos a xestionar as emocións e acadar que traballen en prol da aprendizaxe, a resolución pacífica dos conflitos e os estilos de afrontamento que fan que aprendas deles… Todo co propósito de fomentar nos mozos e mozas sensacións positivas nos procesos de aprendizaxe, facerlles sentir responsables e autónomos/as e protagonistas en todo o proceso.

Máis información

Peso 0.35 kg
Encuadernaci?n

Espiral metálica cor negra

Tama?o

A5 (210×148 mm)

Follas interiores

offset 90gr

Portada

350 gr/m2 con p?tina brillante

Impresi?n

Dobre cara e a toda cor

Obxectivos

Para o alumnado:

  • Promover a súa autonomía.
  • Facilitar o autocoñecemento.
  • Acadar o sentemento de protagonismo no seu proceso de aprendizaxe.
  • Entrenar a súa competencia para a resolución pacífica dos conflitos.
  • Paliar os efectos da negatividade que ven asociada á adolescencia.
  • Desenvolver a súa intelixencia emocional e executiva.
  • Facilitar procesos de planificación, seguimento e avaliación do seu propio traballo.
  • Promover a competencia de aprender a aprender na práctica.
  • Traballar o estilo atribucional e o axuste nas expectativas.
  • Prevenir comportamentos de risco.

Para as familias:

  • Facilitar o seguimento dos seu fillos e fillas.
  • Facilitar o traballo en equipo co profesorado.
  • Establecer unha canle de comunicación eficaz.
  • Dar ferramentas para o apoio no logro de obxectivos.
  • Promover un estilo educacional construtivista e positivo.

Para o centro educativo:

  • Promover un bo clima para a convivencia.
  • Facilitar a labor titorial.
  • Promover políticas de actuación preventivas.
  • Facilitar a comunicación coas familias.
  • Ofrecer unha ferramenta para a detección de posibles dificultades de aprendizaxe.
  • Favorecer a organización e xestión da aula e do centro, así como a compilación dos datos necesarios para os distintos informes relacionados co seguimento titorial e a convivencia.
  • Dotar de presenza física ós contidos que de forma transversal, se desenvolven nos centros educativos.

Contidos da axenda

  • Información de inicio de curso.
  • Vistas mensuais.
  • Vistas semanais
  • Planifica cada materia en cada trimestre.
  • Segue o teu traballo avaliación a avaliación.
  • Avalía os teus resultados e reflexiona sobre eles.
  • Aprende practicando a marcar os teus propios obxectivos.
  • Coñécete mellor.
    • Reflexión sobre o liderado.
    • Entrenamento en intelixencia emocional.
    • Entrena para ser ti mesma/o sen facer dano aos demáis.
    • Aprende practicando a marcar os teus propios obxectivos.
    • Reflexiona sobre as estratexias que tes para aprender.
    • Reflexiona sobre os comportamentos que conlevan riscos.
    • A igualdade como motor social.
  • Comunicados familia-escola.
  • Mapa do sistema educativo.

Valoracións

Aínda non hai valoracións. Queres ser o primeiro/a?

Sé o primeiro en valorar “Axenda orientadora para 2º da ESO”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies