Axenda orientadora para 1º da ESO

15,00 IVE inc.

As axendas orientadoras “A trote” para 1º da ESO, buscan promover a autonomía do alumnado, á vez que facilitar a acción titorial e a comunicación e o traballo cooperativo entre centro e familias.

Son axendas, pero non son solo iso.

Está dispoñible

Categoría:

Descrición

Xa estamos na ESO!

Estes cadernos buscan ser un apoio para a etapa preadolescente do alumnado de 1º da ESO. Queren ser autónomos, autónomas, todas as sinais externas din que chegou o momento (cambio de centro, primeiros cambios a nivel físico, cambios na organización e desenvolvemento das clases…), pero non lles sae de todo ben.

Estes cadernos buscan ser un apoio para esa necesidade de autonomía. Coas axendas eles, elas, son os protagonistas dos seus procesos de aprendizaxe, xa planean as súas tardes, xa planifican, seguen e avalían o seu traballo… nós solo vos ofrecemos unha guía para levar a cabo esta tarefa, todo co propósito de que se vaian coñecendo cada día un pouco mellor, que aprendan a xestionar todos os recursos que posúen, tanto a nivel persoal como familiar e social, fomentar hábitos e promover un desenvolvemento seguro e acorde á súa idade.

Máis información

Peso 0.35 kg
Encuadernaci?n

Espiral metálica cor negra

Tama?o

A5 (210×148 mm)

Follas interiores

offset 90gr

Portada

350 gr/m2 con p?tina brillante

Impresi?n

Dobre cara e a toda cor

Obxectivos

Para o alumnado:

  • Promover a súa autonomía.
  • Facilitar o autocoñecemento.
  • Facer que se sintan protagonistas do seu proceso de aprendizaxe.
  • Regular o uso de dispositivos móbiles e redes sociais.
  • Paliar os efectos da negatividade que vén asociada á adolescencia.
  • Desenvolver a súa intelixencia emocional e executiva.
  • Facilitar procesos de planificación, seguimento e avaliación do seu propio traballo.
  • Promover a competencia de aprender a aprender na práctica.
  • Traballar o estilo atribucional e o axuste nas expectativas.
  • Prevenir comportamentos de risco.

Para as familias:

  • Facilitar o seguimento dos seu fillos e fillas.
  • Facilitar o traballo en equipo co profesorado.
  • Establecer unha canle de comunicación eficaz.
  • Dar ferramentas para o apoio no logro de obxectivos.
  • Promover un estilo educacional construtivista e positivo.

Para o centro educativo:

  • Promover un bo clima para a convivencia.
  • Facilitar a labor titorial.
  • Promover políticas de actuación preventivas.
  • Facilitar a comunicación coas familias.
  • Ofrecer unha ferramenta para a detección de posibles dificultades de aprendizaxe.
  • Favorecer a organización e xestión da aula e do centro, así como a compilación dos datos necesarios para os distintos informes relacionados co seguimento titorial e a convivencia.
  • Dotar de presenza física ós contidos que de forma transversal, se desenvolven nos centros educativos.

Contidos da axenda

  • Información de inicio de curso.
  • Vistas mensuais.
  • Vistas semanais.
  • Planifica no principio de cada trimestre.
  • Segue os teus progresos avaliación a avaliación.
  • Avalía os teus resultados cada trimestre e reflexiona sobre eles.
  • Aprende practicando a marcar os teus propios obxectivos.
  • Coñécete mellor.
    • Reflexión sobre a importancia das normas.
    • Entrenamento en intelixencia emocional.
    • Entrena a túa empatía.
    • Aprendizaxe para marcar obxectivos.
    • Aprende a dicir “NON”.
    • Aprende a sacar partido á emoción de frustración.
    • Reflexiona sobre a igualdade.
  • Comunicados familia-escola.
  • Mapa do sistema educativo

Valoracións

Aínda non hai valoracións. Queres ser o primeiro/a?

Sé o primeiro en valorar “Axenda orientadora para 1º da ESO”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies