Axenda orientadora para 3º da ESO.

15,00 IVE inc.

As axendas orientadoras “A trote” para 3º da ESO, son outro pasiño máis para a acadar unha autonomía responsable nas mozas e mozos, á vez que facilitar a acción titorial e a comunicación e o traballo cooperativo entre centro e familias.

Son axendas, pero non son solo iso.

Está dispoñible

Categoría:

Descrición

Seguimos o noso camiño pola ESO…

Terceiro curso da ESO é un periodo de reflexión sen presión. Non estamos rematando nada, non empezamos aínda a ter que tomar decisións cruciais, así que é o momento perfecto para a reflexión pausada e para coñecerse mellor. Seguen practicando a súa intelixencia executiva para acadar resultados académicos satisfactorios, seguen tomando decisións diarias que lles fan sentir protagonistas no seu proceso de aprendizaxe, pero comezan xa a orientarse cara as ensinanzas postobrigatorias, de forma pausada, reflexionando, compilando datos das amizades, da familia, da súa propia historia, comezan a coñecer os diferentes camiños que se abren ó ano seguinte… todo co propósito de que tomen decisións pausadas e reflexivas, dende o respecto ás súas diferenzas, a información e o coñecemento, tanto persoal coma familiar e social.

Máis información

Peso 0.35 kg
Encuadernaci?n

Espiral metálica cor negra

Tama?o

A5 (210×148 mm)

Follas interiores

offset 90gr

Portada

350 gr/m2 con p?tina brillante

Impresi?n

Dobre cara e a toda cor

Obxectivos

Para o alumnado:

  • Promover a súa autonomía.
  • Facilitar o autocoñecemento.
  • Acadar o sentemento de protagonismo no seu proceso de aprendizaxe.
  • Deixar que as emocións xoguen en prol da aprendizaxe.
  • Desenvolver a súa intelixencia emocional e executiva.
  • Facilitar procesos de planificación, seguimento e avaliación do seu propio traballo.
  • Promover a competencia de aprender a aprender na práctica.
  • Traballar o estilo atribucional e o axuste nas expectativas.
  • Prevenir comportamentos de risco.
  • Aprender o proceso de toma de decisións a longo prazo

Para as familias:

  • Facilitar o seguimento dos seu fillos e fillas.
  • Facilitar o traballo en equipo co profesorado.
  • Establecer unha canle de comunicación eficaz.
  • Dar ferramentas para o apoio no logro de obxectivos.
  • Promover un estilo educacional construtivista e positivo.
  • Dar oportunidades para a participación na toma de decisións.

Para o centro educativo:

  • Promover un bo clima para a convivencia.
  • Facilitar a labor titorial.
  • Promover políticas de actuación preventivas.
  • Facilitar a comunicación coas familias.
  • Ofrecer unha ferramenta para a detección de posibles dificultades de aprendizaxe.
  • Favorecer a organización e xestión da aula e do centro, así como a compilación dos datos necesarios para os distintos informes relacionados co seguimento titorial e a convivencia.
  • Dotar de presenza física ós contidos que de forma transversal, se desenvolven nos centros educativos.

Contidos da axenda

  • Información de inicio de curso.
  • Vistas mensuais.
  • Vistas semanais.
  • Planifica cada materia trimestre a trimestre.
  • Segue os teus progresos en cada avaliación.
  • Avalía os teus resultados e reflexiona sobre eles.
  • Aprende practicando a marcar os teus propios obxectivos.
  • Coñécete mellor.
    • Reflexiona sobre ti mesmo por medio de historias.
    • Fai a túa propia historia.
    • Entrevista a quen pensas que mellor te coñece.
    • Fai partícipe a túa familia.
    • Aprende practicando a tomar decisións.
    • Que coñeces do que tes por diante?
    • Información sobre a oferta de formación profesional de grao medio en Galicia e as formas de acceso.
  • Comunicados familia-escola.
  • Mapa do sistema educativo.

Valoracións

Aínda non hai valoracións. Queres ser o primeiro/a?

Sé o primeiro en valorar “Axenda orientadora para 3º da ESO.”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies