Axenda orientadora para 2º de Bacharelato.

15,00 IVE inc.

As axendas orientadoras “A trote” para 2º de Bacharelato buscan converter as preocupacións en proactividade, mediante o establecemento de plans de acción, a reflexión sobre os resultados obtidos e o reaxuste, tanto do plan coma das expectativas.

Son axendas, pero non son solo iso.

Está dispoñible

Categoría:

Descrición

Que curso tan estresante!

Todo o traballo feito ata o de agora conta, pero a sensación neste curso é de que é crucial para o logro dos soños, das metas. As preocupacións ocupan demasiado tempo e, sen información, son unha perda de tempo. Preocuparse e ter material accesible co que orientarse e co que poder planificar ben os pasos a dar é o que convirte a preocupación en proactividade, caracterísitica imprescindible para superar as dificultades por medio do deseño de plans que axuden a superalas. Se solo se preocupan, aumenta a ansiedade e cae o rendemento. As emocións deben xogar sempre a favor da aprendizaxe.

Con estas axendas poderán ocuparse das súas preocupacións e terán accesible a información necesaria para a súa toma de decisións.

Todo isto, como en todas as axendas A trote, sen perder o camiño, paseniño, establecendo compromisos diarios co traballo, organizando os tempos, cumprindo un a un os obxectivos que lles permitirán alcanzar a súa meta.

Máis información

Peso 0.35 kg
Encuadernaci?n

Espiral metálica cor negra

Tama?o

A5 (210×148 mm)

Follas interiores

offset 90gr

Portada

350 gr/m2 con p?tina brillante

Impresi?n

Dobre cara e a toda cor

Obxectivos

Para o alumnado:

  • Promover a súa autonomía.
  • Ofrecer información académica.
  • Acadar o sentemento de protagonismo no seu proceso de aprendizaxe.
  • Deixar que as emocións xoguen en prol da aprendizaxe.
  • Desenvolver a súa intelixencia emocional e executiva.
  • Facilitar procesos de planificación, seguimento e avaliación do seu propio traballo.
  • Promover a competencia de aprender a aprender na práctica.
  • Traballar o estilo atribucional e o axuste nas expectativas.
  • Manter a ansiedade no punto óptimo para alcanzar un bo rendemento.
  • Proporcionar información sobre toda a oferta dispoñible na nosa comunidade autónoma.

Para as familias:

  • Facilitar o seguimento dos seu fillos e fillas.
  • Promover un estilo educacional construtivista e positivo.
  • Dar oportunidades para a participación na toma de decisións.
  • Ofrecer información sobre a oferta existente en Galicia e as formas de acceso.

Para o centro educativo:

  • Promover un bo clima para a convivencia.
  • Facilitar a labor titorial.
  • Promover políticas de actuación preventivas.
  • Ofrecer unha ferramenta para a detección de posibles dificultades de aprendizaxe.
  • Dotar de presenza física ós contidos que de forma transversal, se desenvolven nos centros educativos.

Contidos da axenda

  • Información de inicio de curso
  • Planificación de materias.
  • Vistas trimestrais.
  • Vistas semanais.
  • Seguimento de cada materia en cada trimestre.
  • Orientación.
    • Información xeral.
    • Información sobre a FP.
    • Información sobre os estudos universitarios.
    • Información sobre as ensinanzas de réxime especial.
    • Fai os teus cálculos

Valoracións

Aínda non hai valoracións. Queres ser o primeiro/a?

Sé o primeiro en valorar “Axenda orientadora para 2º de Bacharelato.”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies