Axenda orientadora para 1º de Bacharelato.

15,00 IVE inc.

As axendas orientadoras “A trote” para 1º de Bacharelato ofrecen a oportunidade de coñecer e de practicar para afianzar ese coñecemento. Promoven a motivación necesaria para ir cumprindo obxectivos, paseniño, que lles leven a acadar a súa meta.

Son axendas, pero non son solo iso.

Está dispoñible

Categoría:

Descrición

O cambio xa chegou.

O Bacharelato, aínda que segue sendo unha oportunidade para entrenar, dos resultados acadados depende o acceso a posteriores estudios, ben sexan univeristarios coma de formación profesional ou de réxime especial.

As axendas conteñen toda a información, así como unha planificación específica de cada unha das materias e da súa natureza (hainas troncais, troncais de opción, específicas, optativas, de libre configuración). Cada materia conta e cada unha pondera máis ou menos para os accesos, así que é imprescindible saber de que tipo é cada unha, para así planificaren mellor e chegar a tomar decisións que lles permitan acadar os resultados que precisan para alcanzar as súas metas.

Nestas axendas poderán coñecer como se accede aos diferentes estudos, a oferta que hai en Galicia, as notas de corte de cursos anteriores, a forma de calcular a súa nota de acceso.

Todo isto sen perder de vista as decisións diarias que lles permitirán ir alcanzando obxectivos que lles farán sentirse coa motivación necesaria para alcanzaren a súa meta. Como sempre as axendas son A trote, paseniño.

Máis información

Peso 0.35 kg
Encuadernaci?n

Espiral metálica cor negra

Tama?o

A5 (210×148 mm)

Follas interiores

offset 90gr

Portada

350 gr/m2 con p?tina brillante

Impresi?n

Dobre cara e a toda cor

Obxectivos

Para o alumnado:

  • Promover a súa autonomía.
  • Facilitar o autocoñecemento.
  • Acadar o sentemento de protagonismo no seu proceso de aprendizaxe.
  • Deixar que as emocións xoguen en prol da aprendizaxe.
  • Desenvolver a súa intelixencia emocional e executiva.
  • Facilitar procesos de planificación, seguimento e avaliación do seu propio traballo.
  • Promover a competencia de aprender a aprender na práctica.
  • Traballar o estilo atribucional e o axuste nas expectativas.
  • Prevenir comportamentos de risco.
  • Coñecer onde lles levan as súas expectativas, os seus intereses, a súa personalidade, a súa forma de interaccionar co mundo…
  • Proporcionar información sobre toda a oferta dispoñible na nosa comunidade autónoma.

Para as familias:

  • Facilitar o seguimento dos seu fillos e fillas.
  • Facilitar o traballo en equipo co profesorado.
  • Establecer unha canle de comunicación eficaz.
  • Dar ferramentas para o apoio no logro de obxectivos.
  • Promover un estilo educacional construtivista e positivo.
  • Dar oportunidades para a participación na toma de decisións.

Para o centro educativo:

  • Promover un bo clima para a convivencia.
  • Facilitar a labor titorial.
  • Promover políticas de actuación preventivas.
  • Facilitar a comunicación coas familias.
  • Ofrecer unha ferramenta para a detección de posibles dificultades de aprendizaxe.
  • Favorecer a organización e xestión da aula e do centro, así como a compilación dos datos necesarios para os distintos informes relacionados co seguimento titorial e a convivencia.
  • Dotar de presenza física ós contidos que de forma transversal, se desenvolven nos centros educativos.

Contidos da axenda

  • Información de inicio de curso.
  • Planificación das materias e axuste trimestral dos obxectivos marcados.
  • Vistas trimestrais.
  • Vistas semanais
  • Seguimento de cada materia en cada avaliación.
  • Actividades para a orientación:
    • Información xeral.
    • Información sobre a formación profesional (oferta, acceso e notas de corte).
    • Información sobre os estudos universitarios (oferta, acceso, táboas de ponderacións e notas de corte).
    • Información sobre as ensinanzas de réxime especial (oferta e acceso).
    • Escolle 3 opcións de estudos.
    • Decide as materias de 2º BACH que máis te conveñan para facer realidade a túa meta.

Valoracións

Aínda non hai valoracións. Queres ser o primeiro/a?

Sé o primeiro en valorar “Axenda orientadora para 1º de Bacharelato.”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies