Deseño de sesións do programa de Prevención de condutas de risco A trote

 Conceptualización. Aprender a dicir NON

Como en todas as unidades de titoría, propoñemos que a mellor forma de empezar é descargando e imprimindo o modelo para o deseño de sesións. Nel, poderedes ir anotando aqueles contidos que mellor se adapten ao voso grupo de alumnos/as e ás súas potencialidades e necesidades.

  • Colocamos a aula en forma de “U”.
  • Podemos comezar esta nova unidade cunha das preguntas que para ela tedes dispoñibles nas Dinámicas de presentación, ou deseñando vós mesmos/as unha pregunta que vos resulte potente para empezar a falar do tema de prevención de condutas de risco (5 min).
  • Presentamos esta unidade de titoría: Para iso tedes dispoñible a presentación do programa (en accesos desta mesma sesión) (5 min).
  • Utilizamos unha das dinámicas para a formación de equipos de traballo para comezar a traballar no tema da conceptualización (5 min).
  • Nas descargas desta sesión, tedes a primeira das actividades que propoñemos, o “Quebracabezas das condutas de risco” que nos servirá para conceptualizar os diferentes termos que trataremos. Podedes utilizar esta proposta ou crear unha cos conceptos que queirades traballar na unidade (15 min).
  • Nos cadernos titoriais tedes a ficha para traballar as pautas para aprender a dicir “NON” de forma asertiva (tamén en descargas desta sesión). Cada alumno/a cóbreo de forma individual, ou podedes tamén seguir coa dinámica de traballo en equipo para realizar esta actividade. Corríxese cada unha das situacións expostas e as súas reflexións, coas achegas de todos os alumnos e alumnas. (15 min)
  • Pídeselles que enuncien preguntas para a seguinte sesión, no que se traballarán as adiccións: drogas, consumismo e ludopatía. Recóllense de forma anónima utilizando unha caixa de cartón. Déixase a aula como estaba (5 min).

Accesos:

Descargas:

Comportamentos adictivos. O círculo da adicción.

Crear a disposición en “U” (5 min).

  • Repaso da sesión anterior: Preguntámoslles que lembran da sesión anterior (conceptos e como dicir NON de forma asertiva). (5 min)
  • Presentamos o tema de hoxe: as adiccións, con e sen sustancias. Entenden que o consumismo ou os xogos de azar son tamén condutas adictivas?
  • Comezamos creando equipos de traballo, por medio dunha das dinámicas propostas (5 min).
  • Entregamos a cada alumno/a unha copia da Ficha: “O círculo das adiccións”. Cada equipo traballa tentando entendelo, utilizando a adicción ás drogas, o consumismo ou os xogos de azar para ser explicados por medio do círculo (10 min).
  • Son dúas as descargas que tedes dispoñibles para traballar o círculo das adiccións. A primeira delas, contén só o círculo e será o que entreguemos aos alumnos/as. A segunda é para o titor/a e contén o desenvolvemento da reflexión e as preguntas para que reflexionen na aula (15 min).
  • Contestamos as preguntas que nos deixaron na caixa e que quedaron sen resposta, utilizando a explicación do círculo da adicción e pedímoslles que nos deixen preguntas acerca de condutas sexuais de risco, violencia de xénero, sexting, grooming, acoso, ciberacoso… sobre condutas delituosas ou que entrañan algún risco á saúde propia ou á dos demais. (10 min)
  • Volvemos deixar a aula como estaba antes da sesión de titoría(5 min).

Accesos:

Descargas:

Comportamentos de risco para un mesmo ou para os demais.

Colocación da mobiliario da aula, con mesas agrupadas para o traballo en equipo (5 min).

  • Repaso da sesión anterior. Que lembran?, Poden explicar o funcionamento do círculo das adiccións? (5 min)
  • Presentación desta sesión: Os comportamentos que trataremos son aqueles que teñen unha destas dúas características: supoñen un perigo para un mesmo ou poden supoñer un dano aos demais. En ambos casos, as consecuencias non se miden. O que motiva o comportamento é máis a satisfacción inmediata dun desexo que unha análise das consecuencias que o comportamento pode ter para un mesmo e para os demais (5 min).
  • Que comportamentos dos que coñecen poden causar dano a un mesmo ou aos demais? Poden saír as condutas sexuais de risco, o acoso, o bullying, o grooming, o sexting, a violencia de xénero… Podemos crear tantos equipos de traballo como comportamentos de risco queiramos traballar. Damos a cada equipo a súa folla para pensar (en descargas desta sesión). Estas follas conteñen un caso, sobre o que cada equipo debe reflexionar (10 min).
  • Cada equipo presenta a solución do seu caso. A decisión de dicir que non, ou denunciar, causa nun primeiro momento malestar? e despois?, que pode pasar se dicimos que si ou se decidimos seguir aguantando? Contarllo a un adulto, que consecuencias pode carrexar nun primeiro momento? E despois? (10 min).
  • Lembramos o conto dos 3 porquiños e o lobo. O primeiro dos porquiños, decidiu acabar canto antes, para ir xogar. O segundo escoitou ao primeiro e tamén apurou a súa construción para saír e divertirse canto antes. Non conseguiron convencer ao terceiro, aínda que riron moito del e do seu empeño por protexer a súa casa. Que pasou no conto cando chegou o lobo? Onde acabaron os 3 porquiños?. Toda decisión entraña un risco e o que agora mesmo é a saída máis fácil, adoita ser a que peores consecuencias trae para o noso futuro. Pedimos aos alumnos/as que comproben esta afirmación coas súas respostas nas follas para pensar. Cren que antes de tomar calquera decisión deberían primeiro medir ben as consecuencias? Saben como facelo?. Contestamos as preguntas que onte nos deixaron na caixa de correos e que non foron resoltas durante a sesión (10 min)
  • Volvemos deixar a aula como estaba (5 min).

Accesos:

Descargas:

Como previr os comportamentos adictivos.

Colocación do mobiliario da aula en forma de “U” (5 min).

  • Dinámica de cohesión  (10 min).
  • Repaso de la sesión anterior: Facemos un repaso das sesións anteriores, nas que conceptualizamos, aprendemos unhas pautas para aprender a dicir que non, vimos de que forma se desenvolve unha adicción e puidemos comprobar como unha decisión baseada en satisfacer un desexo ou evitar un momento desagradable aquí e agora, pode levar consigo unha serie de problemas moito maiores nun futuro. Pedímoslles que expresen a súa opinión sobre cada un dos temas (10 min).
  • Centrámonos nos comportamentos adictivos: Por que cren os alumnos/as que pode comezar un comportamento adictivo?, Que se busca? Que papel xoga a familia?, E as amizades?, Que é o que está mellor visto á vosa idade?, Séguese vendo de igual modo cando é un adulto quen ten ese comportamento?, Cando creedes que ese adulto comezou o seu comportamento adictivo?, Que pensades que vos protexe á hora de levar a cabo ese comportamento adictivo?, Que lle dicides a un amigo/a que se nega a, por exemplo, beber un sábado pola noite?, Que decisións podedes tomar para que o voso corpo non reaccione creando unha adicción? (non consumir sempre nun determinado ambiente, isto é o que en maior medida impide esa aprendizaxe), Creedes que é fácil saír dunha adicción? (15 min).
  • Existen outros comportamentos, que de forma saudable, actívannos, tranquilízannos ou nos levan a imaxinar. Con que actividades vos sentides máis activados, máis tranquilos ou máis imaxinativos? (deporte, técnicas de relaxación, parques de atraccións, música, baile, xogos, debuxo, escritura, praia, montaña, cinema, unha charla cun bo amigo/a, unha viaxe…). Lembrades as vosas sensacións cando, por exemplo, xogabades no patio un partido de brilé?, E cando comeza o verán e sentides ese calorciño?, E, cando tras ver unha película de medo, vedes formas nas sombras?. As sustancias que as drogas ou certos comportamentos poñen en funcionamento para ter esa experiencia de pracer, existen de seu no noso organismo e outras actividades poden tamén provocarnos ese mesmo pracer, pero controlado. Cando usamos sustancias ou certas condutas para conseguir pracer inmediato, estamos a facer como o primeiro dos porquiños, estamos a construír unha casiña de palla, que ao primeiro suplido vén abaixo. Buscar as actividades que nos gustan, as que nos relaxan, as que nos levan a imaxinar, é máis custoso, require de certa investigación, pero, a cambio… podémolas manter toda a vida sen ser un risco para a nosa saúde nin para as persoas que nos rodean e nos queren, lonxe de ser un risco son un gran tesouro, que nos fará levar unha vida máis plena e feliz (10 min)
  • Colócase de novo o mobiliario da aula (5 min).

Accesos:

Descargas:

Como previr a violencia de xénero.

Colocación do mobiliario para o traballo en equipos (5 min).

  • Repaso da sesión anterior: Vimos de que forma podemos atopar pracer con comportamentos saudables e de que forma podemos consumir sen que se produza unha aprendizaxe e, con ela, unha adicción (5 min).
  • Presentación da sesión: Tras cada un dos comportamentos delituosos existe unha vítima, un agresor/a e persoas espectadoras, que han de empezar a coller protagonismo na historia. Existen unha serie de crenzas culturais que manteñen estas condutas delituosas e unha serie de factores que xogan a favor ou en contra da decisión de ser vítima, agresor/a, espectador pasivo ou espectador activo. Nesta sesión traballaremos o tema dos mitos do amor romántico, para darnos conta da cantidade de crenzas erróneas sobre as que se asenta calquera conduta delituosa e entender que só cambiando certas crenzas equivocadas podemos poñer fin a, neste caso, a violencia de xénero (5 min).
  • Fórmanse equipos de traballo, heteroxéneos en canto a sexo (5 min).
  • Nas descargas desta sesión tedes o acceso á dinámica de traballo en equipo proposta para o tema dos mitos do amor, xunto coa súa explicación e corrección. (20 min).
  • Ante cada un dos mitos do amor identificados, pídese aos alumnos e alumnas que poñan un exemplo de como esa crenza xustifica a violencia na parella (10 min).
  • Colócase de novo a aula (5 min).

Descargas:

Medimos as consecuencias a curto, medio e longo prazo.

Colocación do mobiliario en forma de “U” (5 min).

  • Repaso de toda a unidade: Traballamos conceptualizando, aprendendo a dicir NON, estudando o círculo da adicción, os comportamentos delituosos ou que entrañan algún tipo de risco, a prevención das adiccións, as crenzas sobre as que se asenta a violencia de xénero (os mitos do amor romántico) e agora chega o momento de pararnos a pensar nas consecuencias das nosas decisións, a curto, a medio e a longo prazo. Coa analogía do conto dos 3 porquiños e o lobo, a curto prazo o porquiño máis traballador, quedou sen poder saír e tivo que aguantar as burlas dos seus irmáns, pero a medio prazo conseguiu salvar a súa casa do ataque do lobo e a longo prazo, terá unha casa segura na que formar a súa familia. Hoxe veremos as consecuencias que a curto, medio e longo prazo teñen as nosas decisións, aprenderemos a reflexionar sobre elas para, deste xeito, poder tomar decisións máis razoadas e, por tanto, acertadas. (5 min).
  • Poñemos el vídeo “Mr Bully” (en accesos). Que vos pareceu? Gustouvos? ¿Emocionástesvos? (10 min).
  • Por equipos, traballamos a ficha “Consecuencias” e facemos a súa corrección en gran grupo (15 min)
  • Poñemos o vídeo “Ti decides” (en accesos). Que pasaría se empezásemos a dicir NON dunha forma asertiva cando non nos apetece facer algo ou decidimos deixar de facer cousas que nos gustan?, Como podemos repoñernos cando nos damos conta de que estabamos equivocados/as? (10 min)
  • Pasámoslles o cuestionario de avaliación da unidade e recollémolos. Se non dá tempo, como noutras unidades, pódeno levar para casa e traelo o seguinte día ou reservar uns minutos da seguinte sesión para facelo (5 min).
  • Colócase de novo a aula (5 min).

Accesos:

Descargas:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies