Deseño de sesións da Unidade de Orientación académica e profesional A trote

Autocoñecemento.

Como en todas as unidades de titoría, propoñemos que a mellor forma de empezar é descargando e imprimindo o modelo para o deseño de sesións. Nel, poderedes ir anotando aqueles contidos que mellor se adapten ao voso grupo de alumnos/as e ás súas potencialidades e necesidades.

  • Colocamos a aula en forma de “U” (5 min).
  • Podemos comezar esta nova unidade cunha das preguntas que tedes dispoñibles nas Dinámicas de presentación, ou deseñando vós mesmos/as unha pregunta que vos resulte potente para empezar a falar do tema de orientación (5 min).
  • Presentamos esta unidade de titoría: Para iso tedes dispoñible a presentación do programa (en accesos desta mesma sesión) (5 min).
  • Poderiamos continuar cunha das dinámicas de cohesión grupal, reflexionando acerca da importancia de traballar en equipo, para lograr obxectivos máis ambiciosos e para que cada un achegue o seu coñecemento e as súas competencias á tarefa (10 min).
  • Tendes nos Cadernos de titoría e nas descargas desta sesión a ficha para cubrir de forma individual, relacionada co autocoñecemento. (5 min).
  • Reflexionamos sobre os resultados deste traballo persoal. Gustoulles? Pareceulles difícil? Cren que as súas habilidades son valoradas pola súa contorna? Que necesitarían para sentirse máis valorados? Cren que aquelas capacidades nas que non ven representados poden ser melloradas con esforzo? Ven imposible algunha das capacidades? Por que? Valoran máis ás persoas que mostran capacidades que non se recoñecen en si mesmos? As capacidades que pensan que non lles definen en absoluto, poderían axudarlles a acadar as súas metas? Cal cren que debe ser o seu obxectivo, experimentar noutras capacidades, perfeccionar as que xa teñen ou ambas as cousas? (10 min).
  • Podemos terminar a sesión cun vídeo de Pixar, no que se pode ver a un ancián competindo consigo mesmo ao xadrez, ata facéndose trampas. Creedes que aprender é máis unha competición cos demais ou con vós mesmos/as? Que opinades acerca das trampas? A quen enganades en maior medida? (10 min).

Accesos:

Descargas:

Tratamento da información.

Para esta sesión, se fora posible, sería recomendable ir á aula de informática ou á biblioteca, se é que alí dsipoñedes de computadores  (5 min).

  • Repaso da sesión anterior: Preguntámoslles que lembran da sesión anterior. As capacidades, coñecerse e recoñecerse como aprendices, o vídeo acerca da competición persoal. (5 min)
  • Presentamos a sesión de hoxe: Para lograr orientarnos no mundo académico e profesional, temos, ademais de coñecernos e recoñecer as nosas aptitudes, coñecer as oportunidades que temos. A información é moi ampla. Debemos marcarnos uns obxectivos antes de comezar a busca de información.
  • Podemos comezar cun vídeo, que trata o tema da zona de confort e a forma de vencer os medos para poder avanzar (tédelo en accesos). Pedímoslles a súa opinión e preguntámoslles en que zona están (na de aprendizaxe), para despois pedirlles que nos digan de que lles vai a servir esta zona cando afronten o momento de ter que aceptar novos retos na vida (10 min)
  • Nos Cadernos de titoría teñen, ao final, o mapa académico de orientación (tamén en descargas). A partir desta primeira aproximación, mediante a explicación do mapa, deben decidir que información desexan atopar. Dependendo do curso, situarémoslles no mapa e presentarémoslles os diferentes camiños que teñen por diante e o modo en que as decisións que tomen este curso afectaranlles para o seu progreso futuro.
  • Se dispoñedes de computadores, podedes prepararlles unhas follas-guía para acceder á información relevante na vosa contorna ou comunidade autónoma, formar equipos de traballo ou facelo de forma individual. O importante é que baseen as súas decisións nunha información veraz e que aprendan a valorar as consecuencias que cada decisión ten a curto, a medio e a longo prazo. Que teñan en conta as súas circunstancias familiares, as saídas profesionais na súa contorna, os seus intereses, as súas capacidades, para que as súas decisións abran o camiño cara á súa vida adulta, facéndolles conscientes da súa importancia.
  • Se non dispoñedes de computadores, podedes baixar vós mesmos/as a información que consideredes máis relevante (sobre itinerarios, as súas saídas á hora de continuar estudos, as diferentes familias profesionais, a Formación Profesional Básica…).
  • Explicar que son as notas de corte para entrar na Universidade, como se calculan, a forma na que se regula o acceso á FP, para que entendan de que forma o esforzo que hoxe están a facer vai ter os seus efectos nas súas oportunidades futuras.
  • Podedes terminar a sesión co vídeo de motivación no que personaxes moi famosos, cunha competencia no que fan fóra de toda dúbida, tamén foron xulgados negativamente en certos momentos da súa vida. Que tería pasado se decidiran renderse? (10 min).

Accesos:

Descargas:

Valores e crenzas para o descubrimento vocacional.

Colocación do mobiliario da aula, con mesas agrupadas para o traballo en equipo (5 min).

  • Repaso da sesión anterior. Que lembran?, Que conclusións sacaron da información que lles ofrecemos? (5 min)
  • En descargas desta sesión dispoñedes do acceso á dinámica que propoñemos para o traballo cos valores e crenzas, mediante a exposición dun dilema que han de resolver mediante traballo en equipo, cada alumno/a no equipo que escolla, dependendo dos seus intereses e motivacións. “O caso de Helena”. No documento atoparedes como levar a cabo esta dinámica, que ocupará case toda a sesión.
  • Se vos queda tempo, podedes reflexionar acerca do que poderían facer na súa contorna se traballasen en equipo (5 min).

Descargas:

Competencias e autoavaliación.

Esta sesión non necesita colocar a aula de forma especial, o traballo será en gran medida individual..

  • Repaso da sesión anterior: Comprobamos de que forma o que sabemos pode reflectirse no que facemos, como os nosos valores e crenzas afectan as decisións que tomamos e de que maneira unha tarefa que parece inabarcable pode facerse traballando en equipo (5 min).
  • Presentación da sesión: Hoxe aprenderemos a avaliarmos.
  • Para iso, en primeiro lugar os alumnos/as han de elixir entre as súas profesións favoritas, unha, só unha, na casa poderán practicar con máis se así o desexan.
  • O que os alumnos/as deben facer a continuación é decidir que 8 características teñen os bos profesionais nese campo de traballo (organizados, puntuais, simpáticos, resolutivos, creativos, con destreza manual, serviciais, cooperativos, competitivos, empáticos…). Ofrecemos axuda, poderán preguntar aos seus compañeiros/as se non se lles ocorre nada  (10 min).
  • Entregámoslle a cada alumno/á primeira folla da Dinámica “A roda da vida”. Tamén a teñen dispoñible no seu Caderno de Titorías, se desexan practicala en casa. Nos cadernos titoriales para FPB esta é a dinámica central, para prepararlles na súa entrada ao mundo laboral e conseguir un cambio de actitude cara á contorna educativa. Nesta folla, en titorías, deben escribir o seu nome, a profesión que elixiron e as 8 características que cren que definen mellor a eses profesionais nas cixas para ese propósito.
  • Unha vez fixeron isto, colocan esas características nas caixas que enlazan co círculo da vida. Chega o momento de reflexionar e de autoavaliarse. Que puntuación se dan nesas características? Deben puntuarse entre 1 e 5 e colorear esa parte do círculo. Deste xeito, cando acaben, poderán ver de forma visual as competencias que, eles cren, xa dominan, as que están a desenvolver e aquelas ás que non lle están prestando atención (10 min).
  • Unha vez encheron o círculo, pedimos que, de forma individual, reflexionen acerca de que poden facer na escola, na casa, cos seus amigos/as para empezar a adestrar esas características ou o que xa fixeron ou están a facer e que consideran que contribúe a desenvolver unha desas competencias. Pídeselles que o escriban nun folio (10 min).
  • Agora chega o momento do compromiso: cada alumno/a comprométese a mellorar nunha e só unha desas competencias esta semana e di a forma na que o vai a facer. Para isto, nun papel, debe poñer: EU………, hoxe, día……………….. comprométome que vou mellorar a miña competencia en ..……………………………Para iso o que vou facer é …………………………………………….. Deben asinalo, lelo por quendas en voz alta e entregalo ao titor/a (10 min).
  • Todas as follas son entregadas ao titor/a ,que estudará o grao de realismo de cada alumno/a no seu autoconcepto. Este tema será o que se trate na próxima sesión.

Descargas:

Avaliación realista e deseño de plans para as melloras.

Colocar a aula en forma de “U”.

  • Repaso da sesión anterior: Na sesión anterior comezamos a aprender a autoavaliarnos e a comprometernos nun cambio. ¿Como foi a semana? (5 min).
  • Seguimos os compromisos: Un a un, imos dicindo en voz alta o compromiso realizado por cada alumno/a e preguntámoslles que puntuación, de 1 a 5 danse no seu esforzo por conseguilo e no resultado dese esforzo, así como a facilidade ou dificultade para cumprir o seu compromiso (15 min)
  • Entregámoslles a cada alumno/a os seus materiais da sesión anterior e a segunda folla da “Roda da Vida”. Nela teñen que volver encher as 8 características que consideran máis importantes para a profesión que desexan desempeñar e facer entrevistas aos seus compañeiros/as, ao titor/a, para que sexan outros quen lles valore nesas competencias. En total, cada alumno deberá recoller 4 opinións dos demais sobre el/ela (10 min).
  • De forma individual, comparan a súa propia avaliación coa dos seus compañeiros/as (na casa poden preguntar aos seus pais, avós, tíos, irmáns… persoas que lle coñezan mellor). Como resultou esta comparación? Sodes realistas cando vos valorades a vós mesmos/as? Sodes demasiado críticos/as? Sodes demasiado optimistas? Que valor lle dades ás opinións que os demais teñen sobre vós? Valen o mesmo todas as opinións? (5 min)
  • Na sesión anterior reflexionaron acerca de que podían facer aquí e agora ou que estaban a facer xa para ser máis competentes. Deben lelo e reflexionar. As opinións dos demais fixéronvos cambiar o voso punto de vista? Creedes que é bo saber como os demais vos ven? ¿Para que vos pode servir? Algunha vez pensades, antes de facer calquera cousa, a opinión que os demais terán sobre ese comportamento? Que creedes que é mellor, actuar pensando no que os demais dirán ou opinarán ou actuar seguindo o voso plan para mellorar? (as opinións dos demais dan un grao de realismo ás propias, pero non poden ser vividas como determinantes, só como unha forma de reflexión e de autocrítica para mellorar). É o momento de volver ler candanseu plan para mellorar e os comportamentos que tivo e que considera que lle axudaron a mellorar as súas competencias. Seguen pensando que estaban equivocados? As opinións dos demais serviron para mellorar o seu plan? (10 min).
  • Cada alumno/a mellora o seu plan e establece un novo compromiso.
  • Se pasa el cuestionario de avaliación desta unidade de titoría.

Descargas:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies