La comunicación: Erros e fallos.

Como en todas as unidades de titoría, propoñemos que a mellor forma de empezar é descargando e imprimindo o modelo de deseño de sesións. Nel, poderedes ir anotando aqueles contidos que mellor se adapten ao voso grupo de alumnos/as e ás súas potencialidades e necesidades.

  • Colocamos a aula en forma de “U” (5 min).
  • Presentamos a unidade Presentamos a unidade: Xa creamos unhas normas de clase, elixido a un delegado, aprendido a recoñecer as nosas emocións, as dos demais e comezamos a aprendizaxe na súa xestión. É o momento agora de poñer en práctica todo o aprendido. Hoxe veremos a comunicación, os erros que se producen e empezaremos a pensar de que forma podemos minimizalos. A próxima sesión trataremos as distintas formas que temos de comportarnos, que dependerán do contexto e do que saibamos, despois xa practicaremos para ser persoas competentes a nivel social, capaces de defender os nosos dereitos e á vez coidando respectar os dereitos e sentimentos dos demais (5 min).
  • Eliximos unha das dinámicas para traballar os erros e fallos que sempre se producen en todo acto comunicativo. Para iso, no apartado de accesos desta sesión podedes acceder ás dinámicas que propoñemos para traballar a competencia social, especificamente son dúas as pensadas para esta sesión: “O teléfono” e “O rumor” (15-20 min).
  • A partir do que reflexionaron acerca da dinámica, facemos unha posta en común en gran grupo de diferentes situacións que viviron e que puideron ser causadas por erros na comunicación. É culpable a persoa que che conta algo se pensa que é certo? Algunha vez enfadástesvos pensando que alguén vos estaba mentindo? Creedes que puido ser provocado polo efecto bóla de neve que se produce cando unha información cae na fala da xente? ¿Que pensades que poderiades facer para corrixir estes posibles erros? (10-15 min).
  • Colocamos de nova a aula (5 min).

Accesos:

Descargas:

Os estilos de comportamento.

Non vos esquezades de descargar o “Modelo para o deseño de sesións” e imprimila para, nela, ir escollendo os recursos que vos parezan máis adaptados ao voso grupo.

  • Crear a estrutura de clase para a sesión de titoría (5 min).
  • Repaso da sesión anterior: Preguntámoslles que lembran da anterior sesión, na que traballamos a comunicación e os erros que se producen se non facemos nada por evitalos. (5 min).
  • Presentamos a sesión de hoxe: Para empezar a ser competentes nas nosas relacións cos demais, o primeiro é darnos conta do estilo de comportamento que estamos a usar. Son tres as formas de comportarnos que utilizamos dependendo da situación: podemos comportarnos de forma pasiva, de forma agresiva ou de forma asertiva. É importante darnos conta que non é que “sexamos” de tal maneira, senón que nos comportamos así. Un compañeiro/a que convosco/as mostre unha actitude agresiva, pode ser que se comporte de forma pasiva con outras persoas ou que sexa asertivo con outras. O traballo neste tema é entender que debemos esforzarnos por comportarnos de forma asertiva (5 min).
  • Entregámoslles a cada un a ficha de “Estilos de comportamento. Teoría” e comentamos os diferentes tipos en gran grupo. Entenden a diferenza entre “ser” e “comportarse”? Todos/as aceptan que, aínda que teñan un estilo predominante, ás veces adoptan outro? (10 min).
  • Entregámoslles a cada un fícha “Estilos de comportamento. Práctica”. Cóbrena. (10 min).
  • Escollemos unha das dinámicas para a formación de equipos e poñémola en práctica (5 min).
  • En equipos, escollen entre as respostas dos seus compoñentes, aquela que lles estrañou máis e póñena en común. Somos ou nos comportamos? (10 min).
  • Colocamos de nova a aula.

Accesos:

Descargas:

Como dar e recibir queixas e opinións positivas

Colocación do mobiliario da aula (5 min).

  • Repaso da sesión anterior. Que lembran?, deben lembrar os 3 estilos de comportamento. Se na sesión anterior non deu tempo a que todos os equipos expuxesen as situacións nas que se comportaron dun determinado modo, déixaselles tempo para que poidan facelo (5-10 min).
  • Presentación da sesión (5 min): Vimos os estilos de comportamento e na anterior unidade traballamos a importancia de recoñecer e xestionar as nosas emocións. Para que cren os alumnos que lles pode servir? Entenden a relación entre aprender a xestionar as nosas emocións e ter a maior parte do tempo un estilo de comportamento asertivo?. Nesta sesión darémoslles unha serie de pautas para transmitir e recibir queixas, peticións e opinións agradables aos demais.
  • Dinámica grupal: Podemos escoller unha das dinámicas de competencia social ou, no caso de que o grupo necesite desenvolver máis a súa empatía, unha dinámica de traballo emocional (neste caso podería ser “Os taxis” se non se fixo antes ou “Quen é quen”). (15 min)
  • Repartimos a ficha “Queixas e opinións agradables. Teoría” e explicamos as pautas que nela se expoñen, mediante exemplos, que pode enunciar o titor/a ou pedir voluntarios para facelo. (5 min).
  • Repartimos a Ficha para traballar a asertividade de forma individual (5 minutos).
  • Posta en común en gran grupo, corriximos a ficha e recollemos as súas reflexións (5 min).
  • Colócase de novo o mobiliario da aula (5 minutos).

Accesos:

Descargas:

Práctica en asertividade

  • Colocación do mobiliario da aula (5 min).
  • Repaso da sesión anterior: Pregúntaselles que lembran da sesión anterior, na que traballamos as pautas para ter un comportamento asertivo (5 min).
  • Presentación da sesión: Esta vai ser unha sesión na que traballaremos por equipos, practicando a asertividad en distintas situacións. Para iso van ter que poñer en práctica a técnica de role-playing , cuxo desenvolvemento atoparédelo nas dinámicas para a competencia social (5 min)
  • Dinámica de formación de equipos de traballo: Formamos 5 equipos de traballo (5 min)
  • Unha vez temos os equipos formados, entregámoslles a cada un unha das fichas “Queixas e opinións agradables. Práctica”. Cada equipo practica elaborando un texto asertivo no primeiro caso e prepara un guión para escenificar un role-playing no segundo. Para iso, deben decidir que integrantes do equipo van ser os actores/actrices (15 min)
  • Posta en común en gran grupo da resposta ás distintas situacións e posta en escena (15 min).
  • Colocamos de novo a aula.
  • Entrégaselles o Cuestionario de avaliación desta unidade de titoría. Se non dá tempo para que o enchan, lévano para casa e tráeno cuberto na seguinte sesión ou reservamos os 5 primeiros minutos da próxima sesión para que o cumprimenten.

Accesos:

Descargas:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies