Caderno de titoría para FPB

12,00 IVA inc.

Os cadernos de titoría “A trote” para FP están deseñados para, ademáis de desenvolver todos os obxectivos e contidos dos cadernos de ESO, promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado de FP.

Están pensados e deseñados, sobre todo, para a Formación Profesional Básica (FPB).

Se precisas dunha información máis ó detalle: Presentación cadernos para FP

Lo sentimos, este producto se ha agotado

Categoría:

Descripción

O ingreso na FPB supón un gran reto para o profesorado e para as familias. O perfil deste alumnado adoita ser dun elevado grao de desmotivación para o estudo.

A diversidade nos grupos que se forman adoita ser moi elevada e, en moitas ocasións (máis das desexadas) os alumnos, as alumnas, seguen sen estar onde realmente quixeran. Se  a isto lle engadimos que os grupos son moi numerosos, toda axuda é pouca para dar respostas inclusivas a toda a diversidade que nun grupo se nos presenta.

Estes cadernos intentan servir de axuda para, sen deixar a un lado o desenvolvemento das competencias clave no noso sistema educativo, achegar unha forma de entender o centro educativo diferente ó que eles, elas, estaban acostumados. O centro educativo pode e debe ser un espazo de práctica e posta en funcionamento desas competencias que definen ós bos, ás boas, profesionais na profesión na que se están a formar.

Información adicional

Peso 0.35 kg
Tamaño

A5 (210×148 mm)

Encuadernación

Espiral met?lica color plata

Hojas interiores

Extraprint branco 100 gr/m2

Portada

350 gr/m2 con p?tina brillante

Impresión

A color doble cara

Objetivos

Para o alumnado:

  • Facilitar un cambio na súa atitude cara o centro educativo.
  • Favorecer o traballo en equipo e a consecución de metas grupais.
  • Promover a súa autonomía.
  • Facilitar o autocoñecemento.
  • Facer que se sintan protagonistas do seu proceso de aprendizaxe.
  • Regular o uso de dispositivos móbiles e redes sociais.
  • Paliar os efectos da negatividade que vén asociada á adolescencia.
  • Desenvolver a súa intelixencia emocional e executiva.
  • Facilitar procesos de planificación, seguimento e avaliación do seu propio traballo.
  • Promover a competencia de aprender a aprender na práctica.
  • Traballar o estilo atribucional e o axuste nas expectativas.
  • Prevenir comportamentos de risco.

Para as familias:

  • Facilitar o seguimento dos seu fillos e fillas.
  • Facilitar o traballo en equipo co profesorado.
  • Establecer unha canle de comunicación eficaz.
  • Dar ferramentas para o apoio no logro de obxectivos.
  • Promover un estilo educacional construtivista e positivo.
  • Seguir e participar nos logros competenciais dos seus fillos/as.

Para o centro educativo:

  • Promover un bo clima para a convivencia.
  • Facilitar a labor titorial.
  • Levar a cabo un seguimento exahustivo do desenvolvemento competencial do alumnado.
  • Promover políticas de actuación preventivas.
  • Facilitar a comunicación coas familias.
  • Proporcionar unha ferramenta que facilite a adaptación á nova lexislación, baseada na avaliación por competencias e indicadores.
  • Ofrecer unha ferramenta para a detección de posibles dificultades de aprendizaxe.
  • Favorecer a organización e xestión da aula e do centro, así como a compilación dos datos necesarios para os distintos informes relacionados co seguimento titorial e a convivencia.
  • Dotar de presenza física ós contidos que de forma transversal, se desenvolven nos centros educativos.

Contenidos para la acción tutorial

A acción titorial na FPB é un factor determinante para o éxito destes programas de atención á diversidade.

As axendas A trote inclúen dúas actividades mensuais orientada á acción titorial. A primeira delas é exactamente igual a da ESO, solo que está temporalizada de forma distinta, coa planificación titorial de Mar, orientadora e titora no IES Montecelo dos cursos de FPB.

Son moitos as competencias que se han de desenvolver no centro educativo de forma transversal: a competencia de aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, o sentido da iniciativa e o espíritu emprendedor…

O carácter transversal destas competencias e a súa importancia para o desenvolvemento óptimo do alumnado está tras a motivación de deseñar os cadernos de titoría “A trote”.

Contar cunha ferramenta que permita detectar antes de que algo ocorra é fundamental para pór en práctica políticas realmente preventivas.

Todas estas dinámicas de lapis e papel e a posta común, permitirán os titores e titoras detectar e despois ampliar, se o ven necesario, as diferentes temáticas que se desenvolven dentro do marco da acción titorial.

Os contidos que se tocan neste caderno e que enlazan cos diferentes obradoiros na web son os seguintes:

  • O desenvolvemento dunha conciencia cívica e cidadá.
  • A xestión emocional nun mesmo e, específicamente, a resistencia á frustración.
  • A igualdade.
  • A competencia social.
  • A prevención de comportamentos de risco.
  • A resolución pacífica de conflitos.
  • A orientación vocacional.
  • A toma de decisións.
  • Aprender a aprender.

Pero, ademáis destes contidos, de uso compartido cos cadernos da ESO, para FPB desenvólvese durante todo o curso unha dinámica de desenvolvemento competecial, de carácter grupal (todos, todas, buscarán ser cada día máis compententes en 8 características) e de seguimento e avaliación individual.

Nesta dinámica mensual poderán participar as familias, os titores/as e as persoas que os alumnos/as consideren referentes na súa vida, apoiando o seu desenvolvemento e axudándolles a crear unha avaliación realista das propias competencias.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Caderno de titoría para FPB”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies