Caderno de titoría para EP

12,00 IVA inc.

Os Cadernos de Titoría A trote para Educación Primaria (EP) están pensados principalmente para facilitar o paso da EP á ESO.

Inclúen a posta en práctica da competencia de aprender a aprender, mecanismos para o traballo cooperativo entre as familias e o centro, o desenvolvemento da intelixencia emocional e executiva… son moito máis que axendas escolares.

Se precisas dunha información máis detallada: Explicación Caderno de titoría para EP

Lo sentimos, este producto se ha agotado

Categoría:

Descripción

 

Non solo o cambio de centro leva consigo unha certa inquedanza para alumnos, alumnas e familias, tamén e sobre todo o cambio que se produce a nivel organizativo. O paso de un sistema educativo baseado en ámbitos a outro con base en materias dificulta moito a acción titorial neste tránsito.

Estes cadernos buscan ser unha ferramenta máis para facilitar este cambio, axudar a que sexa máis doado, menos brusco.

Facilitan o seguimento e a comunicación entre centros e familias, á vez que promoven o desenvolvemento emocional e executivo necesario no alumando.

En sí mesmos constitúen unha ferramenta para ir practicando e entendendo dende a práctica os cambios que lles van ser necesarios, e facilitan a acción titorial e educativa de mestres, mestras, pais e nais para darlles os apoios necesarios.

Información adicional

Peso 0.35 kg
Tamaño

A5 (210×148 mm)

Encuadernación

Espiral met?lica color plata

Hojas interiores

Extraprint branco 100 gr/m2

Portada

350 gr/m2 con p?tina brillante

Impresión

A color doble cara

Objetivos

Para o alumnado:

  • Facilitar o seu paso a ESO.
  • Promover a súa autonomía.
  • Desenvolver a súa intelixencia emocional e executiva.
  • Facilitar procesos de seguimento do seu propio traballo e de autoavaliación.
  • Promover a competencia de aprender a aprender na práctica.

Para as familias:

  • Facilitar o seguimento dos seu fillos e fillas.
  • Facilitar o traballo en equipo co profesorado.
  • Establecer unha canle de comunicación eficaz.
  • Promover un estilo educacional construtivista e positivo.

Para o centro educativo:

  • Promover un bo clima para a convivencia.
  • Facilitar a labor titorial.
  • Promover políticas de actuación preventivas.
  • Facilitar a comunicación coas familias.
  • Proporcionar unha ferramenta que facilite a adaptación á nova lexislación, baseada na avaliación por competencias e indicadores.
  • Paliar os efectos negativos de non contar en EP cun horario para a titoría dos alumnos e alumnas.
  • Favorecer a organización e xestión da aula e do centro, así como a compilación dos datos necesarios para os distintos informes relacionados co seguimento titorial e a convivencia.

Contenidos para la acción tutorial

Esta é unha das características máis salientables dos cadernos “A trote”, aproveitar o día a día dunha axenda para tratar os diferentes temas que han de incluirse na acción titorial.

Deste xeito, os cadernos inclúen unha actividade mensual orientada á acción titorial.

Sen un clima de convivencia axeitado no centro, dificúltase moito a aprendizaxe e o ensino.

Contar cunha ferramenta que permita detectar antes de que algo ocorra é fundamental para pór en práctica políticas realmente preventivas.

Todas estas dinámicas de lapis e papel e a posta común, permitirán os titores e titoras detectar e despois ampliar, se o ven necesario, as diferentes temáticas que se desenvolven dentro do marco da acción titorial.

Os contidos que se tocan neste caderno e que enlazan cos diferentes obradoiros na web son os seguintes:

  • As normas son como as regras do xogo da convivencia.
  • Os propósitos.
  • A igualdade.
  • Educación emocional.
  • Competencia social.
  • Resolución pacífica de conflitos.
  • Prevención de comportamentos de risco.
  • Aprender a aprender.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Caderno de titoría para EP”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies