Caderno de titoría para a ESO

12,00 IVA inc.

Os cadernos de titoría “A trote” para a ESO (principalmente para 1º e 2º), buscan promover a autonomía do alumnado, á vez que facilitar a acción titorial e a comunicación e o traballo cooperativo entre centro e familias.

Son axendas, pero non son solo iso.

Se precisas máis información: Explicación Cadernos de titoría para a ESO

Lo sentimos, este producto se ha agotado

Categoría:

Descripción

Xa estamos na ESO!

Estes cadernos buscan ser un apoio para a etapa preadolescente do alumnado de 1º e 2º da ESO. Queren ser autónomos, autónomas, todas as sinais externas din que chegou o momento (cambio de centro, primeiros cambios a nivel físico, cambios na organización e desenvolvemento das clases…), pero non lles sae de todo ben. Isto é así en todos os casos, a frustración de querer e non poder está na base de moitos comportamentos inaxeitados.

Estes cadernos buscan ser un apoio para esa necesidade de autonomía que aínda non sae de todo ben. Eles, elas, son os protagonistas dos seus procesos de aprendizaxe, xa planean as súas tardes, xa planifican, seguen e avalían o seu traballo… nós solo lles ofrecemos unha guía que lles axude nesta tarefa, e debemos preocuparnos, tanto na casa como no centro, de apoiar os seus primeiros pasos cos cadernos, para ir creando rutinas que lles fagan ter sensacións positivas de autonomía e de logro persoal.

Información adicional

Peso 0.35 kg
Encuadernación

Espiral met?lica color plata

Tamaño

A5 (210×148 mm)

Hojas interiores

Extraprint branco 100 gr/m2

Portada

350 gr/m2 con p?tina brillante

Impresión

A color doble cara

Objetivos

Para o alumnado:

  • Promover a súa autonomía.
  • Facilitar o autocoñecemento.
  • Facer que se sintan protagonistas do seu proceso de aprendizaxe.
  • Regular o uso de dispositivos móbiles e redes sociais.
  • Paliar os efectos da negatividade que vén asociada á adolescencia.
  • Desenvolver a súa intelixencia emocional e executiva.
  • Facilitar procesos de planificación, seguimento e avaliación do seu propio traballo.
  • Promover a competencia de aprender a aprender na práctica.
  • Traballar o estilo atribucional e o axuste nas expectativas.
  • Prevenir comportamentos de risco.

Para as familias:

  • Facilitar o seguimento dos seu fillos e fillas.
  • Facilitar o traballo en equipo co profesorado.
  • Establecer unha canle de comunicación eficaz.
  • Dar ferramentas para o apoio no logro de obxectivos.
  • Promover un estilo educacional construtivista e positivo.

Para o centro educativo:

  • Promover un bo clima para a convivencia.
  • Facilitar a labor titorial.
  • Promover políticas de actuación preventivas.
  • Facilitar a comunicación coas familias.
  • Proporcionar unha ferramenta que facilite a adaptación á nova lexislación, baseada na avaliación por competencias e indicadores.
  • Ofrecer unha ferramenta para a detección de posibles dificultades de aprendizaxe.
  • Favorecer a organización e xestión da aula e do centro, así como a compilación dos datos necesarios para os distintos informes relacionados co seguimento titorial e a convivencia.
  • Dotar de presenza física ós contidos que de forma transversal, se desenvolven nos centros educativos.

Contenidos para la acción tutorial

A busca dunha acción titorial coordinada é o factor diferenciador destes cadernos.

Deste xeito, as axendas A trote inclúen unha actividade mensual orientada á acción titorial.

Son moitos as competencias que se han de desenvolver no centro educativo de forma transversal: a competencia de aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, o sentido da iniciativa e o espíritu emprendedor…

O carácter transversal destas competencias e a súa importancia para o desenvolvemento óptimo do alumnado está tras a motivación de deseñar os cadernos de titoría “A trote”.

Contar cunha ferramenta que permita detectar antes de que algo ocorra é fundamental para pór en práctica políticas realmente preventivas.

Todas estas dinámicas de lapis e papel e a posta común, permitirán os titores e titoras detectar e despois ampliar, se o ven necesario, as diferentes temáticas que se desenvolven dentro do marco da acción titorial.

Os contidos que se tocan neste caderno e que enlazan cos diferentes obradoiros na web son os seguintes:

  • O desenvolvemento dunha conciencia cívica e cidadá.
  • A xestión emocional nun mesmo e, específicamente, a resistencia á frustración.
  • A igualdade.
  • A competencia social.
  • A prevención de comportamentos de risco.
  • A resolución pacífica de conflitos.
  • A orientación vocacional.
  • A toma de decisións.
  • Aprender a aprender.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Caderno de titoría para a ESO”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies