Programa de Orientación académica e profesional A trote
Unidade de titoría 8

Orientación Académica e Profesional

Preparación da Unidade

PPara a preparación deste taller, debemos ter en conta que a Orientación Académica e Profesional (en diante OAP), está moi relacionada con factores como o autoconoñecemento persoal, a autoestima, os valores, as crenzas, a información á que se ten acceso… É un tema complexo e á vez o gran tema do sistema educativo. Os alumnos e alumnas están no Instituto para formarse, para lograr o pleno desenvolvemento da súa personalidade e para integrarse na sociedade como cidadáns responsables.

É certo que o momento actual é bastante caótico e non favorece a orientación. As regras do xogo están a cambiar sobre a marcha, cando o xogo xa empezou para os alumnos e alumnas que están a cursar o Bacharelato este curso. Cambiaron tanto as probas de acceso, como as táboas de ponderacións. A isto sumamos e que cada Comunidade Autónoma ten as súas propias competencias, o que fai que desde esta web sexa difícil preparar materiais adaptados para todo o sistema educativo. A parte informativa, déixoa nas vosas mans, só preparei uns mapas cos que poderedes orientar aos vosos alumnos e alumnas, sobre todo no referente aos diversos camiños e modos que teñen de chegar ás súas metas. Pero… antes de chegar á meta, deben saber cal é. Nisto si que centraremos esta unidade de titoría, en promover o autocoñecemento do noso alumnado e a aprendizaxe na súa autoavaliación, para que empecen a entender o Instituto como un modo de preparación, de ensaio… un campo de prácticas para o seu desempeño adulto.

Coñecementos técnicos:

  • Como titores/as temos que estar moi ben informados sobre as novidades en canto a lexislación.
  • Entender a diferenza entre autoconcepto e autoestima é moi importante en temas de orientación. Sobre todo no caso de alumnos/as, cuxas capacidades e aptitudes non son de igual forma valoradas dentro do sistema educativo (artistas, escritores, pensadores, críticos…). Parte do seu autoconcepto pode ser, por exemplo, “Bo debuxante”, pero se isto non é valorado pola súa contorna, esa característica, positiva en principio, pode ser avaliada polo alumno/a de forma neutra ou negativa se se acompaña, por exemplo de: “Deixa xa de debuxar, non tes nada que estudar?” (coma se estivese a xogar). No momento en que se valora esa característica positivamente, o alumno/a sentirase máis motivado para abarcar o resto de materias, danar a súa autoestima non é o mellor modo de conseguir o seu progreso. De aí a importancia de distinguir entre autoconcepto e autoestima. Na segunda, na autoestima, como educadores temos moita responsabilidade.
  • A toma de decisións é outro dos grandes alicerces da orientación. En Prevención de condutas de risco xa falamos das consecuencias a curto, medio e longo prazo dunha decisión e do importante de tomar decisións axustadas, que non busquen tanto a satisfacción dun desexo ou a evitación dalgún tipo de malestar aquí e agora. Entender que cada decisión que tomamos proxéctanos cara ao futuro, ofrecer oportunidades para a súa práctica e avaliación, é un gran alicerce da OAP.

Competencia a nivel persoal (emocional) e social:

Xa adiantamos a importancia de coidar a autoestima dos nosos alumnos e alumnas. Todos somos bos en algo. Uns tardan máis que outros en atopar o seu camiño, outros preocúpanse tanto por agradar que esquecen os seus intereses, outros non cren que poidan valer para algo… detrás de cada fallo hai unha oportunidade para a aprendizaxe ou unha sensación de fracaso que se busca evitar. Na medida que sexamos capaces de converter un fallo en algo normal, que forma parte do proceso, estaremos a orientar. Valorar o que cada un ten é outra forma de orientar e á vez promover o respecto e o valor pola diversidade.

Entender que o noso sistema ten carencias que debemos tentar suplir co noso esforzo diario, é fundamental para que a escola alcance o seu obxectivo, axudar a que o alumnado alcance o seu grado de desenvolvemento óptimo.

 

 

Introdución
O mundo laboral xa non é o que era. O noso sistema produtivo cambiou moito no último século. Fai pouco tempo, entendíase que persoa-profesión era un quebracabezas de dúas únicas pezas que había que encaixar. Bastaba con ver os intereses, capacidades, trazos de personalidade da persoa e as características do posto para encaixar un con outro, para toda a vida. O sistema educativo (nuns países máis que noutros) tiña como función principal formar a estes futuros traballadores e traballadoras.

A situación actual é, simplemente, distinta. As profesións nas que acabarán traballando os nosos alumnos/as, pode ser que nin sequera se inventaran. A tecnoloxía, as necesidades da sociedade, todo… variou ostensiblemente e o proceso de cambio continúa.

A única forma de preparar aos nosos alumnos/as para o mundo que lles espera fóra é dotándolles de ferramentas para a súa propia orientación, eles mesmos/as deben saber orientarse, atopar un lugar no que desenvolver o seu potencial, seguir aprendendo, reorientarse. Xa non basta con ter uns coñecementos, deben ter unha serie de competencias.

Para isto, a LOMCE si achegou algo de positivo ao noso sistema educativo, a avaliación por competencias. De ser levada a cabo nos centros, é unha das mellores formas de orientación, tanto académica como profesional, sobre todo ampliamos o foco, se non só se usa para detectar as dificultades, senón tamén as fortalezas. Se usamos tamén o portafolio que a LOMCE propón, a tarefa de orientación simplifícase e faise extensiva a todo o alumnado do centro, deixa de ser algo que ocorre de forma puntual, converténdose nun eixo transversal para promover tanto o autocoñecemento do alumnado como a súa autoavaliación. Como contrapartida, mellora a nosa propia práctica educativa, ao proporcionarnos unha valiosa información: as actividades que os alumnos e alumnas identifican como máis útiles para entender un tema concreto, aquelas que lles pareceron de gran dificultade…

Outra forma de orientar transversalmente é proporcionar aos alumnos/as non só coñecementos técnicos, tamén a súa aplicación práctica, dicirlles para que se pode utilizar o que están a aprender é unha forma de orientar ao alumnado diariamente.
Os Cadernos de titoría, se dispoñedes deles no centro, tamén son de gran axuda á hora de orientar ao alumnado xa que promoven o seu autocoñecemento e a súa autonomía.

Tedes unha información máis detallada nos Materiais para o profesorado. Esta unidade, dentro do PAT, encargarase de dotar de ferramentas ao alumnado para descubrir a súa vocación, cales son os seus intereses e de que forma poden utilizar a escola como campo de prácticas para o seu futuro profesional.

Obxectivos
Dotar ao alumnado de estratexias para a súa orientación académica e profesional.
Promover o autocoñecemento e a autoestima do noso alumnado.
Ofrecer oportunidades para o descubrimento vocacional.
Promover a posta en práctica de competencias profesionais na escola.
Contidos
Na primeira sesión traballaremos o autocoñecemento.

Na segunda sesión resaltaremos a importancia de saber como tratar a información.

Na terceira sesión veremos de que forma os nosos valores e as nosas crenzas guiar o noso descubrimento vocacional.

Na cuarta, aprenderemos a reflexionar acerca das competencias que se requiren nunha determinada profesión e a avaliarnos nelas.

Na quinta sesión traballaremos o grao de realismo das autoavaliacións.

Metodoloxía
A metodoloxía, como nos demais talleres de titoría que propoñemos, é de índole participativa. Os alumnos/as serán os principais protagonistas da súa aprendizaxe. Utilizaremos dinámicas por equipos, individuais, de gran grupo…
Temporalización
Este taller ten unha duración de 5 sesións, de 50 minutos e cunha frecuencia semanal.
Indicadores para a avaliación da Unidade
Para este taller e para todos, resulta imprescindible a avaliación, tanto a nivel do proceso como dos resultados.

Para a avaliación do proceso, nos modelos que tendes para deseñar cada unha das sesións, contades cun breve cuestionario final, que poderedes utilizar para avaliar o proceso. Se dispoñedes de tempo, podedes escribir anotacións.

Para avaliar o resultado deste taller, podedes ter en conta:

  • Os resultados dos cuestionarios que na última sesión cobre o alumnado.
  • O grao de sensación de descubrimento vocacional alcanzado.
  • O grao de participación nas diferentes sesións.
  • O nivel de compromiso alcanzado polo alumnado na mellora competencial.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies