Unidade de educación emocional A trote
Unidade de Titoría 2

Educación emocional

Preparación da Unidade

O movemento demóstrase andando“. Esta frase asinaríaa todos os días, porque en si mesma é un compromiso e, de aplicala, non farían falla máis principios nin máis valores, só coñecementos.

No tema que estamos a tratar, a educación emocional, é evidente a importancia desta afirmación. É pouco probable que os alumnos e alumnas sexan aprendices emocionalmente regulados se sofren os secuestros emocionais dos adultos, sen máis explicacións despois. Non pretendemos a perfección, os secuestros emocionais forman parte da vida, pero admitilos e pedir desculpas non nos converte en peores profesionais, senón en mellores persoas. Forma parte da aprendizaxe en calquera materia aceptar os erros e os fallos como parte inseparable do propio proceso, isto é o que en maior medida mobiliza os recursos que as emocións nos ofrecen. Axudar e apoiar aos alumnos e alumnas a conseguir ser aprendices emocionalmente regulados require dun esforzo persoal para modelar día a día esa aprendizaxe.

Coñecementos técnicos:

  • Intelixencia emocional. Eckman, Goleman, son autores que profundaron nesta temática. A teoría das intelixencias multiples de Gardner é quizais o punto máis apropiado para comezar a nosa preparación.
  • Como ensinar: Os procesos de ensino e aprendizaxe en aspectos emocionais, non difiren en nada dos demais aprendizaxes. Partir dos coñecementos previos do noso alumnado e andamiar os seus procesos é a forma de ensinar a aprender. No apartado de Accesos e descargas deste programa tedes acceso aos materiais que desde A trote preparamos nesta materia.

Competencia a nivel persoal (emocional) e social:

Xa comentamos a importancia de ser educadores emocionalmente regulados para formar aos alumnos/as en competencia emocional. Só cabe pasar da teoría ás accións.

Introdución
Para lograr o óptimo desenvolvemento da personalidade do alumnado é necesario formarlles para ser persoas competentes a nivel emocional.
As emocións non poden nin deben evitarse, non existen emocións “malas”. É a forma de xestionalas o que pode acabar sendo problemático.
Sobre este tema existe unha gran polémica, non é certo que unha educación positiva busque a felicidade plena e perenne, sabemos que iso non existe. A felicidade só existe en contraposición coa tristeza ou coa frustración e todos os estados emocionais son necesarios para o desenvolvemento da propia personalidade.
Cando falamos de educación emocional, nos estamos a referir a aprender a recoñecer as nosas propias emocións e as dos demais e aprender a xestionalas.
As emocións forman parte inherente a todo proceso de aprendizaxe, frustrámonos cando algo non nos sae segundo as nosas expectativas, alegrámonos cando aprendemos, enfadámonos cando o resultado non é o que queriamos, poñémonos ansiosos cando tememos algo que aínda non está presente nin sabemos se ocorrerá ou non… unha boa educación emocional, ademais de promover unha convivencia máis positiva, contribúe á competencia de “Aprender a aprender”. Na medida en que saibamos que esa frustración xorde das ganas de aprender e que ese enfado está provocado por saber que non fixemos o suficiente, as emocións serían útiles. Unha mala xestión emocional consiste en pensar que nos frustramos porque non somos capaces ou nos enfadamos porque o profesor tennos teima.
Obxectivos
Aprender a recoñecer as propias emocións
Aprender a recoñecer as emocións nos demais
Aprender a xestionar as emocións propias e alleas
Entender a diversidade como un aspecto enriquecedor do grupo
Contidos
Sesión 1: Presentación do programa, activación de coñecementos previos e obxectivos.

Sesión 2: Situacións idénticas promoven emocións diferentes, dependendo do estado emocional propio e das diferenzas que existen respecto doutras persoas.

Sesión 3: Aprendizaxe en recoñecemento emocional.

Sesión 4: Aprendizaxe en xestión emocional. Como xestionar as emocións propias.

Sesión 5: Aprendizaxe en xestión emocional. Como xestionar as emocións dos demais.

 

Metodoloxía
A metodoloxía será activa e participativa, con dinámicas grupais, de lapis e papel, por equipos…
Temporalización
5 sesións con periodicidade semanal e de 50 min. de duración cada unha. É conveniente realizar esta unidade de titoría antes de tratar temas como a competencia social, a igualdade, a prevención de condutas de risco, ensinar a aprender… aprender a regular as emocións favorece todo o demais.
Indicadores para a avaliación da unidade
Para a avaliación do proceso nos modelos que tedes dispoñibles para o deseño das vosas sesións contades cun breve cuestionario final, que poderedes utilizar para avaliar o proceso en cada unha das sesións. Se dispoñedes de tempo, podedes escribir anotacións.

Para avaliar o resultado deste taller, podedes ter en conta:

  • Cuestionario realizado polos alumnos/as ao finalizar a unidade de titoría.
  • Información recollida do profesorado, acerca da mellora na convivencia en clase.
  • Cantidade e gravidade de partes abertos ou sancións relacionadas cunha escasa regulación emocional.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies