Programa para traballar a Igualdade A trote
Unidad de tutoría 6

Igualdade

Preparación da Unidade

Os estereotipos de xénero están tan presentes a nivel cultural que todos e todas debemos esforzarnos por erradicalos do noso día a día.

Coñecementos técnicos:

  • Diferenciar os diferentes conceptos asociados á ideoloxía de xénero.
  • Os estereotipos de xénero en prensa, en radio, en televisión, nos xoguetes, xogos e películas infantís, na linguaxe, nos libros de texto, nos deportes… na vida.
  • Distinguir os conceptos de machismo e de violencia de xénero. A violencia ten a súa causa no machismo, que é un concepto moito máis amplo e arraigado que en moitas ocasións, non causa rexeitamento social algún. Reflexionar acerca do grao de adaptación da nosa sociedade para convivir co machismo.
  • A igualdade de xénero, concepto que defende que homes e mulleres temos exactamente o mesmo dereito a que se respecten e valoren por igual as nosas diferenzas.

Competencia a nivel persoal (emocional) e social:

O noso comportamento en temas de igualdade é o que en maior medida promove o pensamento crítico por parte do alumnado, que pode observar que machismo e feminismo non son conceptos que pertencen a homes ou a mulleres, respectivamente. Ter modelos masculinos sensibles, atentos, coidadores, que exteriorizan e non teñen problema algún en aceptar as súas emocións no desempeño da súa autoridade na aula e modelos femininos fortes, valentes, autosuficientes, capaces de mostrar sensibilidade, atención e coidados é o que en maior medida pode remover conciencias no noso alumnado e entender que as diferenzas, lonxe de supoñer unha cuestión de xénero, son unha cuestión persoal. Todos temos o mesmo dereito a que estas diferenzas, sexa cal fose a súa orixe, sexan respectadas. Esta mensaxe ten que estar presente, de forma directa ou indirecta, no noso traballo diario.

 

 

Introdución
Lonxe de ir conseguindo cifras cada vez máis igualitarias, o Instituto Nacional de Estatística deixounos asombrados: con respecto ao ano anterior, ao 2015, no noso país houbo un incremento do 15,4% nas denuncias de adolescentes por algún tipo de malos tratos no ámbito da parella. O machismo atópase tras estas cifras e a escola é un lugar moi apropiado para traballar en temas de prevención, tanto a nivel primario (poñendo en cuestión os diferentes estereotipos que existen na nosa sociedade referentes ao xénero), como a nivel secundario (traballando na prevención de comportamentos de risco), como terciario (denunciando calquera tipo de violencia cara a unha persoa por unha mera cuestión de xénero).

A base desta violencia témola nos estereotipos, que son transmitidos por medio da educación. É desde o ámbito educativo onde debemos facer un gran esforzo por erradicalos e por previr a súa aparición, desde un punto de vista inclusivo. O machismo, os estereotipos de xénero, non só fan dano ás mulleres (aínda que en maior medida, as súas consecuencias sexan sufridas por elas), tamén son daniños para o home, xa que lles impide mostrar os seus sentimentos e carga sobre eles toda a responsabilidade económica, que o feminismo defende, debe ser compartida.

Nesta unidade de titoría imos facer un traballo necesario para reflexionar sobre os estereotipos e todos aqueles comportamentos, expectativas, roles… que están asociados culturalmente ao xénero. Analizarémolos, desde unha perspectiva crítica e compararémolos coa realidade. O tema da violencia de xénero máis explícito e as relacións tóxicas, deixámolo para o seu tratamento na unidade de Prevención de condutas de risco.

 

Obxectivos
 

Conseguir que o alumnado vexa o machismo como unha parte da cultura que dana a ámbolos sexos.

Clarificar o termo de igualdade e os seus conceptos asociados no campo da ideoloxía de xénero.

Recoñecer e favorecer a ruptura cos estereotipos e roles sociais tradicionalmente asignados, analizando os medios de comunicación.

Desenvolver o pensamento crítico fronte aos modelos masculinos e femininos que imperan a nivel cultural.

Reflexionar sobre a riqueza das diferenzas e a necesidade de vivir nun mundo igualitario.

Identificar e rexeitar mensaxes sexistas ou discriminatorias e promover o uso dunha linguaxe non sexista.

Desenvolver habilidades para a solución ou xestión dos conflitos por razón de xénero.

Contidos
Sesión 1: Traballaremos os diferentes conceptos. A igualdade, como factor potenciador da diversidade, non consiste en defender que todos sexamos iguais, senón en esixir o mesmo respecto polas nosas diferenzas.

Sesión 2: Traballaremos nesta sesión as diferenzas entre homes e mulleres por cuestión de sexo (biolóxicas) e de xénero (culturais), establecendo unha serie de pistas para diferencialas.

Sesión 3: Traballaremos os roles de xénero, relacionando os traballos tradicionalmente asociados a homes e mulleres cos xoguetes e personaxes de debuxos animados, videoxogos…

Sesión 4: Nesta sesión analizaremos os estereotipos por razón de xénero e os roles na vida adolescente e adulta, faremos unha revisión crítica da prensa, da televisión, de cancións…

Sesión 5: Terminaremos esta unidade tratando o tema da linguaxe sexista e reflexionaremos acerca de se as mulleres poden ser machistas e os homes, feministas.

Metodoloxía
A metodoloxía, como nos demais talleres de titoría que propoñemos, é de índole participativa. Os alumnos/as serán os principais protagonistas da súa aprendizaxe. Utilizaremos dinámicas por equipos, de gran grupo, por parellas, de lapis e papel…
Temporalización
Esta unidade desenvólvese durante 5 sesións de 50 min. de duración e con frecuencia semanal.
Indicadores para a avaliación da Unidade
Para avaliar o proceso, no modelo que usades para deseñar cada sesión dispoñedes dun apartado, que poderedes completar con anotacións.

Para a avaliación dos resultados, dispoñedes na última das sesións do Cuestionario de avaliación que cubrirán os alumnos/as. Podedes solicitar información ao profesorado acerca de se observan algún tipo de cambio nas relacións entre mozos e mozas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies